Coñecemos a historia de Zaira e Juan Carlos, unha parella que cambiou Benidorm por San Xoán de Río no ano 2023 para vivir en harmonía coa natureza e impulsar o seu negocio de cosmética natural "Piel Natura".
A costa galega é unha das contempladas neste estudo, que ten como obxectivo ser unha ferramenta de divulgación científica para o crecemento dun sector emerxente e sustentable como é o cultivo das algas.
  comenta   0
O doutor Alexandre Docampo, dermatólogo pertencente á Academia Española de Dermatoloxía e Venereoloxía (AEDV), asegura que "sen lugar a dúbidas" están vendo na consulta cada vez máis nenos e adolescentes que usan cremas. Para os mozos, "usar protección solar e lavarse a cara mañá e noite sería suficiente, non moito máis", e "un exceso de cosméticos nalgúns casos pode dar problemas".
  comenta   0
Máis dunha vintena de empresas vinculadas ao deseño e creación de produtos de coidado persoal, que utilizan principalmente produtos naturais de Galicia, impulsaron a creación da Asociación Cosmética Galega (ACG).
  comenta   0