Está encabezada polo gravame sobre a renda (tramo autonómico do IRPF), que ascende a 3.377,5 millóns (269 millóns máis), segundo os datos do IGE.
  comenta   0
Un bono de 50 euros para incentivar o consumo de peixe, a desgravación dos libros de texto e do material escolar mercado ao longo do ano na declaración da renda, a construción de 24 residencias en concellos de menos de 50.000 habitantes e un equipo específico no IGE para analizar "o posible impacto da guerra comercial", entre os anuncios realizados polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, no Debate sobre o Estado de Autonomía que se celebra desde este mércores no Parlamento de Galicia.
  comenta   0
Os Xestores Administrativos de Galicia alertan da presenza de erros nos borradores da Renda a pesar do uso de IA e Big Data por parte da AEAT. Lembran que unha dedución mal aplicada ou un dato omitido poden converter unha declaración a devolver nunha a pagar.
  comenta   0
Así se especifica na instrución que publicou o Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) sobre a aplicación da obrigación de presentar a declaración o IRPF polas persoas solicitantes e beneficiarias de prestación por desemprego
  comenta   0
Mutualistas xubilados terán que presentar un formulario para a devolucion do IRPF, que se porá á súa disposición o 2 de abril.
  comenta   0
Facenda prevé devolver aos contribuíntes 11.650 millóns, un 1,8 % menos respecto da anterior Campaña.
  comenta   0
Representan un 10% máis con respecto ao pasado ano e as devolucións xa se sitúan nunha de cada tres.
  comenta   0
Os interesados poden pedir cita na propia casa consistorial do seu municipio ou na web da Axencia Tributaria. Tamén poden solicitar asesoramento por vía telefónica, que lles proporcionarán axuda en horario de luns a venres entre as 09.00 e as 19.00 horas.
  comenta   0
Para pór en valor o traballo de todas as organizacións comprometidas na defensa das persoas vulnerables, en risco de exclusión e con menos oportunidades.
  comenta   0
Tamén volve pór o foco nas criptomonedas, con case un millón de avisos, as rendas do exterior e os alugueres de inmobles. A campaña comezou este mércores e prolongarase ata o próximo 1 de xullo.
  comenta   0