Unha muller que estaba a ser desaloxada dunha casa ocupada desde hai anos en Vigo arremeteu contra unha xornalista que se atopaba no punto informando o suceso: "Vouche a romper a cámara".
Un home foi interceptado e detido como presunto autor dun delito continuado de danos mediante incendio, que puxo en grave risco a integridade física das persoas e supuxo tamén un prexuízo económico.
  comenta   0
A federación REDE denuncia que nelas operan "pensións ilegais" e anuncia a presentación dunha denuncia na fiscalía para que se investigue a existencia de mafias que alugan vivendas en mal estado.
O Concello pide autorización ao xulgado para baleirar os inmobles despois de que a propiedade e algúns residentes desatenderon os requirimentos que se lle fixeron polas boas nun primeiro momento.
Os inmobles atópanse na rúa Fisterra e esta mañá os inquilinos recibiron a notificación de que debían abandonar as súas casas inmediatamente.
O lume orixinouse na madrugada do sábado ao domingo nun foco de luz da Sala Malatesta, o que obrigou ao desaloxo dun centenar de persoas, aínda que non houbo feridos. O incendio afectou os cables e ao falso teito do inmoble.
  comenta   0
Os servizos de emerxencias desaloxaron na tarde deste martes dous edificios da rúa Rosalía de Castro. Tras o desaloxo preventivo das vivendas, os servizos de emerxencias realizaron as comprobacións apropiadas para localizar a fuga. Segundo puido confirmarse, esta orixinouse polo mal estado de dous reguladores de gas, os cales foron pechados e os veciños puideron volver aos seus domicilios.
  comenta   0
Uns 230 traballadores protestan este martes ante o Concello do Barco de Valdeorras despois de que a Garda Civil executase á primeira hora da mañá unha orde de desafiuzamento da louseira Samaca.
  comenta   0
A FAVEC ocupou unhas oficinas nese inmoble desde 1994, en virtude a un convenio que segue en vigor, e que as abandonou en outubro de 2021 polas obras de rehabilitación do edificio, "co compromiso de retornar pasados 13 meses".