Case 600 hectáreas queimadas na vaga de incendios que afecta a Galicia

Xa controlados os incendios de Oímbra e Entrimo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/09/2024 | Actualizada ás 09:59

Comparte esta noticia

Os incendios de Oímbra e Entrimo, na provincia de Ourense, están xa controlados, segundo a última actualización da Consellería do Medio Rural. O lume rexistrado no municipio ourensán de Entrimo, parroquia de Venceáns, estaba xa estabilizado desde as 23.36 horas de onte. Este incendio iniciouse o martes en Portugal e entrou en territorio galego ao redor das 17.00 horas do mércores, día 4. O lume iniciouse en Portugal o martes e chegou a territorio galego sobre as 17,00 horas do mércores. Segundo as últimas estimacións, afectou a unhas 200 hectáreas de terreo dentro do Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés.

Axentes do equipo de Bombeiros de Galicia traballan durante o incendio de Crecente (Pontevedra). Adrián Irago - Europa Press
Axentes do equipo de Bombeiros de Galicia traballan durante o incendio de Crecente (Pontevedra). Adrián Irago - Europa Press

O de Oímbra, na parroquia do mesmo nome en Ourense, quedou xa controlado cunhas 27 hectáreas afectadas. Trátase dun lume que se iniciou ás 21.54 horas do xoves. Sobre o mesmo, a alcaldesa, Ana Villarino, indicou que se centraron parte dos traballos nunha zona próxima a unha granxa con depósitos combustible, pero que a instalación se "salvou" e que tampouco houbo afectación a vivendas.

CRECENTE, ESTABILIZADO

Por outra banda, o incendio da localidade pontevedresa de Crecente continúa estabilizado tras afectar a unhas 300 hectáreas de terreo. Xa está desactivada a Situación 2, que se puxo en marcha ao comezo do lume pola súa proximidade a núcleos de poboación, algo que obrigou a desaloxar momentaneamente a unha vintena de persoas.

A PEOR VAGA DE INCENDIOS DO ANO

Desde que o mércores o lume entrase a Entrimo desde Portugal vivíronse tres días nos que os incendios causaron a peor onda deste ano, con máis de 520 hectáreas de terreo calcinado.

Ata este momento, o mes máis afectado polas chamas en Galicia este 2024 fora o de abril, no que arderon 450 hectáreas. En todo o mes de agosto queimaron unhas 230 hectáreas de terreo,

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta