O Plan de Formación en Idiomas iniciado pola Xunta para traballadores e profesionais do sector turístico de Galicia empeza a súa nova edición na que impartirán 70.000 horas de clases en idiomas e ponse a disposición un total de 1.000 prazas: o alumnado poderá formarse en inglés, francés, alemán, italiano e portugués, con 200 prazas en cada caso.
  comenta   0
'A Cabeleira' foi publicado inicialmente en 1995 en catro linguas: o orixinal en galego, e traducións de Olga Novo ao castelán, Diana Conchado ao inglés e María Lopo ao francés. En 2015 editouse en 60 idiomas e, actualmente está editado en 70 linguas do todo o mundo.
  comenta   0
Prado liderou o campionato desde o 11 de marzo, cando arrincou a tempada en Arxentina, e este domingo logrou matematicamente o título tras imporse nunha primeira manga na que lle valía con ser segundo e despois de aproveitar un erro do francés Romain Febvre, o seu principal rival.
  comenta   0
A denuncia presentouna en Italia súa nai, que levaba varios días sen poder contactar con el, e resulta que estaba en perfecto estado, en Melide, e que non podía contactar coa familia porque tiña o móbil inoperativo.
  comenta   0
Máis dunha hora sen tan sequera música de fondo estivo agardando o auditorio de Castrelos ao dj francés, que saltou ao escenario sen apenas ouvirse nin verse, pois as pantallas xigantes foron usadas como focos, en lugar de como cámaras. Máis aló das gradas, as 125.000 persoas congregadas no lugar, segundo Abel Caballero cifrou, non eran quen de diferenciar a canción que estaba a soar en cada momento.
  comenta   0
A través dun vídeo, Correos dá a coñecer diferentes poboacións do Camiño de Santiago a través dos carteiros que traballan nelas e que percorren as súas rúas día a día.
  comenta   0
A través do artigo “Are Dutch and French languages miscible?”, os investigadores galegos Jorge Mira e Lís F. Seoane acercáronse a realidade idiomática de Bruxelas para analizar as consecuencias das dinámicas lingüísticas nos límites políticos e territoriais.
Todos os tripulantes do barco francés continuarán en corentena no porto de Burela despois de que un dos traballadores dese positivo nun primeiro momento.
O presidente do Grupo PSA, Carlos Tavares, pediu aos seus empregados que estean preparados para volver aos seus postos de traballo cando se supere a crise do coronavirus, xa que unha empresa do tamaño do consorcio francés "non pode resistir moito tempo cunha ausencia case completa de ingresos".
Semfyc recoñeceu que na actualidade existen hipóteses científicas que se refiren a unha maior agresividade e peor prognóstico da infección polo novo coronavirus, denominado SARS-CoV-2.
  comenta   1
Dispoñible en galego, castelán, francés e inglés, inclúe o texto subtitulado para facela accesible a persoas con discapacidade auditiva.
  comenta   0
O debuxante francés Jean-Marc Troubet “Troubs” volve colaborar con Edmond Baudoin para darlle a palabra aos migrantes que chegan a Europa polo Mediterráneo.
  comenta   1
"Ás empresas grandes dálles igual de onde sexas, o que necesitan é creatividade", Xaime Barreiro, xefe de redacción de Tamboura Films.
  comenta   0
Educación destacou o abano de programas de aprendizaxe de francés, así como accións específicas de formación de profesorado, como os 28 auxiliares de conversación nesta lingua.
  comenta   0