O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, confirmou este luns que o goberno autonómico está "en estrita colaboración e a disposición da Fiscalía e do xulgado para preservar a integridade física e o benestar do menor" que foi hospitalizado no HULA por intoxicación por inxerir haxix.