Por E.P. | Santiago de Compostela | 18/08/2024 | Actualizada ás 18:06
Dúas persoas de avanzada idade tiveron que se trasladadas con síntomas de inhalación de fume tras arder a campá extractora da súa vivenda en Perlío, en Fene (A Coruña). Segundo informou o 112, foi ao fío das 13:00 horas deste sábado cando un particular alertou de que polo fume do incendio había dúas persoas na terraza dunha vivenda da avenida do Marqués de Figueroa.
Así, a central de emerxencias deu aviso aos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Ferrol, os membros do GES de Mugardos, os axentes da Policía Local e os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade. As dúas persoas, unha delas con mobilidade reducida, foron trasladas ao centro de saúde da localidade con síntomas de intoxicación polo fume.
ARDEN PÉLETS ACUMULADOS NUN SILO EN VIVEIRO
Por outra banda, sobre as 12:30 horas deste sábado un particular informou ao 112 Galicia de que lle saltou o lume dun queimador dunha caldeira de biomasa ao silo de madeira en Celeiro. Ata o punto desprazáronse os Bombeiros de Viveiro que detallaron que unicamente arderon os pélets que había no interior do silo, sen que sequera afectase á estrutura. Desta forma, arrefriaron a zona e deron por finalizada a intervención.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.