"As comunidades que teñen unhas listas de espera de 9 meses, esas listas de espera van seguir sendo de 9 meses, non porque veña un 2% da poboación vas ter máis lista de espera", di a ministra.
  comenta   0
Asisa sería a única que, polo momento, amosa certo interese neste concerto sanitario exclusivamente para funcionarios, tras as negativas de Adeslas e DKV.
  comenta   0
Os dirixentes populares trasladaron "o seu compromiso" coa defensa e continuidade de Muface, e ratificaron a súa preocupación sobre o futuro da mesma e dos máis de 58.000 funcionarios que están adscritos en Galicia.
  comenta   0
Situación que achacou ás "doutrinas neoliberais" de redución do sistema público mediante a aplicación de recortes e privatizacións, todo iso para "beneficiar" ao sector privado.
  comenta   0
Entre as reivindicacións atópanse negociar un novo acordo salarial, a recuperación da estrutura salarial previa aos recortes de 2010 co cobro íntegro da paga extra, equiparación salarial da Administración Xeral do Estado co resto de administracións, a oferta de emprego público para 2025 sen taxa de reposición e a culminación do proceso de estabilización de prazas interinas a finais deste ano.
  comenta   0
Pontón acusa a Rueda de "desleal" ao defender "os intereses do PP" e non os de Galicia. O portavoz do PPdeG no Parlamento galego, Alberto Pazos, asegurou ter postas "moi poucas esperanzas" na Conferencia de Presidentes que se está celebrando este venres en Santander
  comenta   0
A través dun comunicado, as centrais sindicais piden "celeridade" ao Goberno central para pechar un novo convenio e pon encima da mesa un plan de viabilidade.
  comenta   0
A Xunta cifra en 170 millóns de euros ao ano o impacto de integrar aos asegurados de Muface no Sergas. Rueda e o conselleiro de Sanidade urxen información e unha incorporación progresiva en caso de materializarse a medida.
  comenta   0
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, advertiu das "nefastas consecuencias" que suporía, "fundamentalmente en termos de listas de espera", a incorporación destes 63.000 traballadores públicos que na Comunidade empregan este sistema para recibir asistencia sanitaria
  comenta   0
Así o asegurou o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, que apelou ao diálogo coas comunidades autónomas despois de que o Ministerio de Sanidade considerase unha opción "viable" incoporar ás persoas mutualistas de Muface á asistencia sanitaria pública.
  comenta   0
Faino despois de que o Ministerio de Sanidade considerase unha opción "viable" e "razoable" incorporar ás persoas mutualistas de Muface á asistencia sanitaria pública
  comenta   0
O Ministerio de Sanidade propón a incorporación gradual e estratificada das persoas mutualistas de MUFACE coa excepcionalidade daqueles pacientes en situacións críticas para o que expón unha renegociación temporal tras a prórroga.
  comenta   0
"Hoxe miles de empregadas e empregados públicos saímos á rúa en toda España para esixir que se negocie e se melloren as condicións laborais que temos e en defensa do modelo sanitario de Muface, que está en serio risco pola cicatería do Goberno e corre tamén o risco de sucumbir por inanición", declarou á prensa o presidente da Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), Miguel Borra.
  comenta   0