Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/12/2024 | Actualizada ás 18:35
Un 79,4% dos docentes galegos enquisados por CSIF Ensino denunciaron "cancelacións ou falta de citas médicas" en Muface.
Ademais, segundo informou o sindicato, un 44,9% recoñeceu sufrir "atrasos" en autorizacións para realizar probas e un 22,15% dos casos afirmaron "negación" dos exames sanitarios.
"Datos que corroboran a necesidade dunha mobilización masiva o vindeiro sábado, día 14, en Madrid para esixir non só o mantemento deste modelo sanitario, senón que se faga en condicións dignas para evitar a progresiva deterioración da súa calidade asistencial", afirmou a presidenta da CSIF Ensino, Rosa Silva.
Ante os datos e tendo en conta que "máis do 55%" dos mutualistas galegos son docentes, CSIF pediu ao Goberno que "non mire para outro lado" e "resolva canto antes" a renovación do concerto con Muface.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.