Tamén se fan eco das queixas de entidades que xestionan os recursos residenciais, que "alertan da escaseza de prazas dispoñibles e do ingreso de menores con problemáticas cada vez máis complexas" para as cales non teñen persoal especializado
  comenta   0
José Berdullas, membro da xunta directiva do Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia (COPG) advirte de que a situación actual, co aumento do consumo de antidepresivos entre a mocidade e a falta de atención aos problemas de saúde mental, "é o resultado de décadas de abandono institucional". "Temos que actuar xa", asegura.
  comenta   0
Censura que a provincia ten a taxa de psicólogos e psiquiatras máis baixa de España a pesar de encabezar a cifra de suicidios e critica que pese a iso a Xunta deixa sen executar 50 millóns de euros en saúde mental.
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, avanzou que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) planea pór en marcha unha rede de psicólogos clínicos que cubran a Atención Primaria con consultas grupais.
  comenta   0
Segundo un estudo de Unicef, o 94,8 % dos adolescentes dispón de móbil con acceso a Internet, cunha idade medio de acceso ao primeiro dispositivo de 10,96 anos. O 50,5 % teñen conexión á rede por contrato. Dende o Galicia Confidencial falamos cos psicólogos Joaquín González-Cabrera e Juan Manuel Machimbarrena, creadores de Safety.net, da necesidade da prevención conxunta de ameazas 'online'.
  comenta   0
Fai catro anos moitos organismos e institucións puxeron en marcha teléfonos de atención durante a crise do covid, todos querían axudar, pero o certo é que "houbo un problema de organización e coordinación". Así o considera a psicóloga Lourdes Fernández Márquez, que pide que, de cara a emerxencias futuras, sexan "os colexios profesionais os que dean promoción, organización e coordinación a este tipo de servizos de axuda".
  comenta   0