Jaime Almansa, investigador do CRETUS, denuncia como o espolio arqueolóxico evolucionou ata derivar en redes internacionais que se están facendo de ouro.
  comenta   0
Haruna pasou só 10 meses en Camariñas, pero foron suficientes para aprender perfectamente o español, algo de galego como 'se chove, que chova', tocar a gaita e converterse nunha apaixonada da nosa música tradicional. "Aprendín máis de vinte cancións galegas e agora practico coa miña nai en Xapón", di Haruna, que xa pensa en volver.
  comenta   0
Aos seus 29 anos, Andrea aposta por crear na rede un contido de calidade no que os argumentos se sustentan no rigor e na análise crítica. Esta vilagarcía reivindica tamén que "o feito de facer os meus vídeos en galego é tamén unha decisión política".
  comenta   0
Lucas é un creador de contido en galego que triunfa actualmente en Tik Tok (@lucasreyy_) --con máis de 20.500 seguidores-- e que, ademais de facernos rir a esgalla co seu humor afiado, tamén solta verdades coma puños. Sen ir máis lonxe, recentemente, denunciou a falta de apoio das marcas galegas aos creadores de contido da súa propia terra.
  comenta   0
Analizamos o caso dos creadores de contido para nenos e adolescentes Karina y Marina e Hugo23, cuxas letras de cancións xeraron unha gran alarma entre expertos en educación afectivo-sexual e familias.
  comenta   0
Trátase da primeira conta de fitness 100 % en galego. Galicia Confidencial entrevista ao seu creador, Diego, un mozo de Ourense que aposta polo galego como lingua vehicular tamén no deporte.
  comenta   0
David crea contido sobre recomendacións literarias na súa conta de Tik Tok e faino en galego, consciente de que "o feito de que calquera persoa, pero especialmente os rapaces, poida ver o contido que lle gusta en galego con total normalidade é moi importante".
  comenta   0
Baixo o nome de @elpelukerodetiktok, este mozo de 28 anos que conta co seu propio salón de peiteado en Pontevedra amosa as súas dotes cómicas e para o monólogo nunha canle que xa ten máis de 56.000 seguidores. O GC fala con el dos seus comezos, inspiración e expectativas a futuro.
  comenta   0
Este mozo de Brión de 27 anos busca "facer un contido entretido, pero con reivindicación da nosa cultura", pois asegura que "a cultura galega sempre tende a asociarse coa muiñeira, o gaiteiro e a saia vermella, e os meus vídeos demostran que (os galegos) non só somos iso, senón que hai moitísimo máis".
  comenta   0
Con máis dun millón de seguidores sumando a súa canle de Youtube e as súas contas de Instagram e Tik Tok, Anita logrou forxarse un futuro nas redes sociais que lle permitiu saír dunha ditadura que afoga ao seu país, que restrinxe dereitos e que obriga á súa xente a vivir na miseria. Esta é a súa historia.
  comenta   4
Paloma Luciarte, community manager de Intervivienda, fixo despegar as redes sociais da inmobiliaria en pouco máis dun ano grazas ás súas pesquisas sobre o pasado da urbe olívica. Hoxe, dende o Galicia Confidencial, falamos con ela para coñecer a súa fonte de inspiración e contido.
  comenta   0
O GC fala con Eva Cameán, propietaria da libraría Clarión de Carballo, que se fixo viral nos últimos días en Tik Tok por respostar ás críticas recibidas por falar en galego nos seus vídeos.
  comenta   0
Algúns perfís como o de @pradorua, @konachadas, Rodri Miguez ou Gabi G realizaron vídeos tras os resultados da enquisa do IGE.
  comenta   3
Estes dous mozos santiagueses iniciaron unha aventura en Tik tok e promoven a xeografía galega, a través dos seus vídeos. E ollo que saen á rúa co mapa para ver cantos acertos hai!
  comenta   0
Os premios repartirán 7500 euros entre as persoas gañadoras de sete categorías: canle de Youtube, canle de Tiktok, creación de contidos, revelación, calidade lingüística, rede e premio do público.
  comenta   0
Este ribadense de 25 anos leva case tres traballando no deseño do seu coche ideal, cambiando as suspensións, os brazos, os reguladores de caída, os reguladores de converxencia, a freada, o lead, púxolle alerón, os faros, as taloneiras, o difusor, a propia cor... Hoxe coñecemos a súa historia!
  comenta   0
Acada xa os 20.000 seguidores na súa canle de Tik Tok, onde o vídeo máis viral foi no que tocaba a canción de ritmo latino 'Dime si le comento a la pura' coa pandeireta. Hoxe o GC descúbreche a esta rapaza que ten moito arte!
  comenta   0
A día de hoxe os furanchos están tan de moda que hai locais que sen selo se poñen o nome e abren portas durante todo o ano. "Hai moito intrusismo", contan ao Galicia Confidencial Juan e Lorena, de Guía Furanchín.
  comenta   1
Bernabé Gómez conta xa con 31.000 seguidores en Tik Tok despois de que varios dos seus vídeos sobre as etapas do Camiño e os tipos de peregrinos que se poden atopar nel, en clave de humor, se viralizasen. Xa leva catro rutas feitas e asegura que para o ano volverá a por unha quinta.
  comenta   0
Faino por compartir unha paixón que ten desde neno e por ser a música tradicional "a baza máis forte para poder conectar coa xente maior".
  comenta   0
Leva case toda a súa vida na verbena galega da man da orquestra Cinema, da que forma parte dende hai 12 anos. É unha desas figuras que máis cariño esperta entre o público, pola súa simpatía e pola súa habilidade de facer de todo e facelo ben. Hoxe o GC coñece un pouquiño máis a este artista.
  comenta   0
A USC e a Xunta fortalecen o seu compromiso co galego coa renovación dun portal web que busca aumentar os falantes na nosa lingua e fortalecer a comunidade de neofalantes.
  comenta   0
Este mozo de 18 anos está logrando que a música da gaita se viralice entre os adolescentes grazas ás súas versións con este instrumento de cancións populares de Quevedo ou Kiko Rivera.
  comenta   0
Na xornada deste venres de O Son do Camiño non faltou a variedade musical característica deste festival.
  comenta   0
Agora, poderá verse en formato serie a través de Instagram e Tik Tok. O primeiro capítulo xa está dispoñible e os próximos episodios poranse ver en marzo os días: 16, 28, 22, 25 e 27.
A falta de stock afecta ás pezas en orixe. Dende a súa experiencia pedindo os recambios, para poder reparar os vehículos, o tempo de agarda medio por calquera peza é de 5 días, e "hai reparacións que levan moitas pezas intermedias, e con que falte unha xunta, xa se che queda a reparación a medias", explica este creador de contido con máis dun millón de seguidores en Tik Tok e máis de medio millón en Instagram.
  comenta   0
A vítima realizou unha transferencia de 200 euros e, a continuación, un bizum doutros 500 á conta bancaria proporcionada polo vendedor. Acto seguido, este bloqueou á muller na rede social e nunca chegou a enviar as entradas por correo electrónico como acordaran.
  comenta   0