Os viaxeiros aloxados en hoteis galegos aumentaron un 7,8% en xuño

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/07/2019 | Actualizada ás 10:31

Comparte esta noticia

Os viaxeiros aloxados nos hoteis galegos aumentaron un 7,88% no mes de xuño con respecto ao ano anterior, ata os 459.911 usuarios, 33.604 máis que en xuño de 2018.

Así o evidencian os datos feitos públicos este martes pola Enquisa de Ocupación Hoteleira do Instituto Nacional de Estatística (INE), que reflicten que a maior parte destes viaxeiros, 290.809, eran procedentes de España, mentres que 169.102 eran estranxeiros.

Por provincias, o incremento porcentual máis elevando rexistrouse en Lugo, que acolleu en xuño a 76.070 viaxeiros, un 24,5% máis que hai un ano. A continuación sitúanse Pontevedra, onde a cifra creceu un 10,5%, ata os 152.743 viaxeiros; Ourense, cun incremento do 4,47%, ata 30.200; e A Coruña, onde se aloxaron 200.898 turistas, un 1,42% máis que hai un ano.

En canto ás pernoctacións, a nivel galego rexistráronse 866.936, 53.743 máis que hai un ano, o que implica un aumento do 6,6%. Así, a estancia media diminuíu levemente, ata 1,89 días e a ocupación situouse no 42% das prazas (49% en caso dos fins de semana).

PREZOS

No relativo aos prezos, o INE indica que, de forma global, incrementáronse en xuño en Galicia un 4,17%.

En xuño, os hoteis galegos contaron cun ingreso medio de 27,45 euros por habitación dispoñible (un 9,26% máis que hai un ano) e de 58,30 euros por habitación ocupada (un 3,7% máis).

Pernoctacións hoteleiras en Galicia
Pernoctacións hoteleiras en Galicia | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta