A Galicia que non quere un rural ameazado por "megaparques" eólicos

As comarcas do Xallas e de Bergantiños opóñense a un proxecto do que din que traerá consecuencias negativas para a economía agrogandeira e o medio ambiente. Para darlle visibilidade a esta problemática, convocan unha andaina de 10 quilómetros para este domingo 4 de agosto.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/08/2019 | Actualizada ás 21:40

Comparte esta noticia

O auxe dos proxectos eólicos en Galicia bate coa firme oposición de parte da sociedade galega, que entende que iso supón unha ameaza para o modo de vida sostible no rural. É o caso da Plataforma Non Eólicos Bustelo – Campelo – Monte Toural , que convocou unha nova andaina reivindicativa para este domingo 4 de agosto. A mobilización procura darlle visibilidade ás consecuencias negativas que traerá canda si o proxecto de "megaparque" nas comarcas do Xallas e Bergantiños.

Parque eólico. ARQUIVO
Parque eólico. ARQUIVO

Precisamente, no concello de Santa Comba, todos os grupos da corporación municipal expresaron no último pleno, celebrado hai una semana, o desacordo cos proxectos de “megaparque” eólico disfrazado de tres parques individuais.  Segundo o colectivo que promove a andaina, trataríase dunha infraestrutura que afectaría a economía agrogandeira e poría en perigo a contorna da Lagoa de Alcaián, onde nace o principal afluente do río Xallas (que desemboca de xeito tan espectacular no Ézaro) e onde sobreviven varias especies protexidas e en perigo de extinción, tanto animais como vexetais, algunhas delas endémicas.  

Con estas reivindicacións baixo o brazo, a marcha está convocada para este domingo 4 de agosto, con saída ás 10.00 da mañá de Vilela de Entrecruces (Carballo). Trátase dunha ruta lineal, de preto de 10 km, que pasará polos núcleos de poboación da Abelenda e Mira (Coristanco) e finalizará na fervenza de Castriz (Santa Comba). Nesta acción colaboran varias entidades dos tres municipios afectados polo “megaparque” eólico Bustelo-Campelo-Monte Toural, entre as que cabe destacar a Asociación Cultural e Veciñal A Fonte Salgueira, As regueifeiras Pataqueiras de Coristanco, a Asociación de Mulleres Rurais Airiños do Xallas e tamén o concello de Santa Comba xunto con Protección Civil dese mesmo concello.

No punto de chegada haberá, ademáis de lectura de manifesto, unha regueifa que ofrecen as Pataqueiras de Coristanco e, quen así o desexe, pode levar o seu picnic para xantar todos xuntos.  Dende a plataforma explican que a participación está aberta a todas as persoas que se sintan parte deste movemento mais, por razóns organizativas, recomendan a inscrición previa a través do número de whatsapp 663 72 89 68 ou no formulario de inscrición.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 anonimo9207

A Galicia NIMBY, "Not In My Back Yard"

2 Ros

Nos tamèn temos que soportar tontos e ignorantes coma ti. Le un pouco...vaiche vir ben

1 nostrus

Lo mas curioso de esto es que detras de toda esta oposicion estan grupos que a diario se les llena la boca llamandose progresistas, pero a la hora de la verdad se oponen a todo tipo de progreso. No quieren ni eólicos, ni minicentrales, ni minas, ni autovias, ni nada, pero les gusta la comodidad y ducharse en agua caliente. Progreo SI, causando el menor daño posible mediambiental, tocapelotas y nacionalismos NO, aunque como vivimos en democracia tenemos la obligacion de soportarlos.

1 Sabela ke*:

Para auga quente bastaría cunha placa solar por fogar. O impacto salvaxe o producen as empresas especulativas que foron quen de acadar cos seus políticos a soldo que en dez anos o autoconsumo non se fomentara. Non te enganes, o ben común non está detrás destes megaparques

2 STOP PASOTAS Y CONTAMINADORES

E suena a amenaza. Parece que te gustaria hacer lo mismo que hacen en otros paises. Pues primero, parece que no te enteras y los que defendemos el medio ambiente no queremos la destruccion de nuestro entorno y mas esta RECOGIDO EN EL ARTICULO 45. Si quieres los puedes leer, si sabes leer. Y ojo con amenazar. Esta claro.