Por E.P. | Ferrol | 03/08/2019 | Actualizada ás 18:49
A Policía Local de Ferrol desaloxou na mañá deste sábado a un grupo de vendedores ilegais que estaban no mercado do barrio de Caranza, a maioría deles de nacionalidade romanesa.
Segundo apunta nun comunicado o Concello ferrolán, nos últimos meses a convivencia nesta zona "viuse perturbada polo comportamento incívico" deste grupo de feirantes, que ocupaban espazos prohibidos e mesmo chegaron a realizar as súas necesidades fisiolóxicas nos portais das vivendas.
As asociacións de veciños do barrio de Caranza alertou desta situación ao 092. Os axentes procederon á identificación e ao desaloxo de 13 vendedores ilegais, así como á tramitación doutras denuncias administrativas derivadas de infraccións vinculadas aos seus vehículos.
Segundo explicou o concelleiro de Seguridade de Ferrol, Germán Costoya, con esta actuación comeza un programa de intervencións que continuará na feira mensual que se celebra nas instalacións do mercado central.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.