Rafa Cuíña marcha do PP

Por Galicia Confidencial | Lalín | 14/04/2012 | Actualizada ás 10:25

Comparte esta noticia

O comentarista politico e empresario Rafael Cuiña abandonou a mililtancia no PPdeG. "Deixádeme que utilice as redes sociais para comunicar a miña modesta baixa de militancia no Partido Popular", escribiu esta mañá no seu Twitter.

GC adiantou en exclusiva que Cuíña, colaborador deste medio e doutras cabeceiras, era un dos persoeiros en diálogo para crear Acción Galega. Nesta plataforma de galeguistas tamén hai destacados ex-altos cargos do Bloque como Teresa Táboas (ex-conselleira) e Xosé Manuel Pérez Bouza (ex-deputado). Acción Galega recolle así a unha parte dos ex-militantes da fronte  máis próximos ao centro no espectro político.

O anuncio de Cuíña confirma a posibilidade de que Acción Galega, na que tamén participa o comentarista político e avogado Pérez Lema, se converta nunha forza política de seu. GC informou en primicia tamén que xa houbo conversas entre esta plataforma e os irmandiños de Xosé Manuel Beiras, que traballa no "Novo Proxecto Común", proxecto que pretende reorganizar ao galeguismo que marchou ou que xa estaba fóra do Bloque.

None

Na súa labor como comentarista Cuíña foi crítico tanto cos conservadores, por exemplo pola súa desprotección do idioma propio, como co BNG, por exemplo pola suposta radicalización ideolóxica impulsada democraticamente pola UPG.

De confirmarse o seu salto á primeira liña política, é de agardar pois que o faga nas coordenadas do centro e do galeguismo. Sen cargos no PPdeG, mediaticamente Cuíña era considerado como un dos referentes da parte máis galeguista dos conservadores, como o fora o seu pai, antigo 'delfín' de Manuel Fraga.

Velaquí os seus artigos para GC.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 153 comentarios

39 xan soares

os meus parabens polo seu paso cara adiante, sen dúbida. Espero que lle vaia ben, Galicia precisa de dous ou tres partidos nacionalistas de centro dereita e centro esquerda. Hai que separar claramente a ver canta xente en Galicia ten as posturas centralistas do PPSOE, tamén habería que saber cantos deles viven directamente dos orzamentos do estado español, pero iso é outro conto. Unha boa nova.

1 Robin das carbaleiras

Iso é o que teñen en Euskadi e en Catalunya e alí o PPPSOE non teñen demasiada importancia ou, en todo caso, teñen que coaligarse con outros para poder gobernar. Dito doutro xeito, a politica fana dende o seu país e non llela fan dende Madrid.

38 Ruano

Rayleigh: ...No te quiero mantener en la incógnita,,,,no sufras hombre...!, parece que andas intranquilo como si no te bajara la regla y temieses contraer un embarazo no deseado.---- Tus temores demuestran incapacidad, ese exponente de nulidad es algo genuino que fatídicamente intentas exportar a terceros. No olvides que cada necio ha de arrastrar su equipaje y tu inutilidad te tiene adjudicado el tuyo. La eficiencia es cosa de minorías, a ti, es claro que no llegó alcanzarte, pero la destreza de Rafael, no solo la demuestra con su eficiencia en el quehacer diario, sino en la confianza demostrada por el colectivo que le acompaña cara al nuevo destino y que te refiero para apaciguar tu furor. De A Coruña 2127----- Lugo 614---- Ourense 459---- Pontevedra 6787----- Es decir 9987, eso era así a las 12:45 del 15 de abril de 2012.------ No intente subirte al carro que ya no queda sitio

1 Incredulo

Non sei de onde quitas esos datos...

2 Aristóteles

Ruano, paréceme ben que defendas a Cuiña se así o prefires; pero a santo de qué esa descualificación que fas de Rayleig (ainda que cecais o teña merecido) para sustentar os teus criterios? Os miles que contas poden ser verdade ou froito da túa imaxinación; en calquera caso tes todo o dereito do mundo en crelo, pero insultar como fas creo que nen sequera a Cuiña lle gosta. Sé máis elegante, home. Demostra que podes defender ao amigo ou ao amo pero sen desprezar así tan burdamente ao adversario. A fineza na discrepancia resulta agradeable ao lela; o insulto barato e innecesario produce mágoa cara a quen o emite. Cuiña vaicho agradecer, seguro.

3 Aristóteles

Ruano, paréceme ben que defendas a Cuiña se así o prefires; pero a santo de qué esa descualificación que fas de Rayleig (ainda que cecais o teña merecido) para sustentar os teus criterios? Os miles que contas poden ser verdade ou froito da túa imaxinación; en calquera caso tes todo o dereito do mundo en crelo, pero insultar como fas creo que nen sequera a Cuiña lle gosta. Sé máis elegante, home. Demostra que podes defender ao amigo ou ao amo pero sen desprezar así tan burdamente ao adversario. A fineza na discrepancia resulta agradeable ao lela; o insulto barato e innecesario produce mágoa cara a quen o emite. Cuiña vaicho agradecer, seguro.

4 Ruano

Aristóteles: Has tomado el nombre del filósofo griego de Estagira, pero se te hacia grande tomar como propios sus principios sobre la lógica, metafísica,ética o filosofía política. Pues lo siento, pero en tato no tomes mayor cualificación no reúnes condiciones para contar con mi respuesta.Además el contenido de tu intervención, no es que no alcance nivel, es que realmente resulta ser una gansada. Deja de perder el tiempo en los foros y dedica tu tiempo a formarte que falta te hace.

5 Rayleigh

Podo ser un pouco vehemente (Dacordooo..un moito), pero no meu descargo, hai algúns que non son moito mellores ca eu. Grazas pola túa defensa Aristóteles. Agora volvamos a Ruanín que anda molesto por que mencionei a bicha. Poderías poñer onde podo confirmar que o PP en poucos días perdeu o 10 % da súa militancia? E mira que é dificil...pero non es quen ou é case imposible que entre eses 10 mil non se colara ningún concelleiro do PP? Nin un ruanín? Onde podo atopar eses NÚMEROS EXACTOS?

37 Rayleigh

Ostras pedrin, cos argumentasos dunha gran parte dos fanses de Cuíña. Según eles, cantas máis críticas recibe este señor, significa que o está facendo moi ben, e aínda por riba, está movendo moitas cadeiras e andan a tremer.... Se estiveran relacionadas críticas e votos, o BNG tería cando menos, o 70% dos votos dos galegos. Pero claro, o que serve nun sentido, non serve no outro, non si?? E a risco de ser pesado, sego preguntando cantos dirixentes e militantes do PP, marchan con Cuíña, xa que este señor dicía o moitos pensaban no PP, ou non?

1 Retruco

Ti non eras o paiaso que dicía que Cuiña non marcharía? Pois cala asshole!

2 labanhou

O Ray era o que apoiaba á Táboas para lider do BNG. Tamén era o que defendía a inocencia de Fernando Blanco por riba de todo. Tamén é coñecido polo racismo contra o luso, fobias que seguro teñen unha explicación pouco racional e moi de taberna. Agora segue de palanganeiro no que queda do BNG oficial, coma sempre! Xa o dicía Castelao, hai moito canciño disposto a gardar a porta do amo, e morden a todos menos a quen obedecen.

3 Rayleigh

pffff...anda que dous!! Estes son os prototipos da nova militancia nacionalista? Pois van de cú. Parece que toquei a fibra sensible, eh?? Labanhou/Serafín/Bouzas..De verdade que non podes ser máis patético. Espero contar con algún concelleiro do PP que acompañe a Cuíña, tendo en conta que teñen case 2000 concelleiros. E a Teresiña, acompañoa no sentimento.

4 lois

Rayleigh, saben de ti, os teus excesos son coñecidos e hai quen ten memoria. Xa che tiña recomendado estar caladiño, picas sempre por bocazas e ficas coas partes vergoñentas ao aire. Non haberá no BNG un troleiro máis capacitado para relevarte? Fala do tempo ou da liga BBVA, que as uvas da política para ti están verdes demais.

5 Xurxo

O de canciño do réxime quédalle como un traxe á medida. Xa era hora de que alguén retratara ó "seino todo, sempre contesto e teño a razón derradeira". Por ladrar que non quede... En GC agradécese ter un patético animador do debate!

6 Un vello galeguista

Rayleig, efectivamente do BNG fálase de abondo, pero sempre para aconsellarlle non erre o tiro.De Cuiña fálase porque agora vai xogar noutro campo; non meterá moitos goles pero os locutores que radien o encontro xa están a falar del tódolos dias. Mira, hoxe un % elevado está lendo estes foros. Cantos personaxes galegos se debaten aqui máis ca Cuiña? Iso xa forma parte da súa vitoria. Sen mover un dedo e sen gastar un euro ten media campaña feita. Paréceche unha tontería? Logo disto non entendes un carallo, con perdón para o membro viril.

7 Rayleigh

Media campaña..a ver. Canta xente entra neste confidencial? Vale..canta xente, da que entra, está convencida faga o que faga Cuíña? A quen se supón que arrastra Cuíña? A xente de dereitas. Todos sabemos de que pé coxea a xente de dereitas. Son xente que XAMAIS cambia o voto. E é xente que fará o que diga o señor alcalde. Xosé Cuíña é unha pantasma e o seu fillo un descoñecido. Todo esto, para os menores de 30 anos. Os de +60, sabemos a quen votan e son, desgrazadamente, o grupo máis grande de poboación. Parece que algúns están tan extasiados, que non se acordan dos tempos en que ninguén votaba PP, pero sempre conseguía maioría absolutísima. Os que berramos e nos informamos, somos os que non votamos PP. Os demáis xa o teñen claro.

8 Rayleigh

ademáis...campaña, para que? Vai ser o candidato a Xunta? A deputado? Número 1 por unha provincia?..Campaña para que? Se apenas se sabe o nome do partido. Na miña opinión, moitos castelos no aire para tan pouca cousa: simple militante dun partido e ser "fillo de"

9 marco

Pois a ti, señor Rayleigh, ben que che preocupa, non hai máis que sumar o espazo que lle adicas e o tempo que "perdes" en atacalo. E despois aínda te molestas cando che din que se nota que estas ao servizo do BNG máis casposo. Polo demais a túa socioloxía política e simple tontería que emprega os tópicos como realidades.

10 Rayleigh

Xa estamos outra vez co argumento "uy cantas críticaS!! Cuíña moito medo dá"? Se o único que tes, para alegrarte é o tempo ou non tempo que lle adico, pois queda bastante triste. Quero que desapareza a UPG e non son comunista. Eso é casposo? O que pasa é que nin sabedes que facer con Cuíña, e non se entende coma 2 grupos que antes de xaneiro pactaron un acordo para dirixir o BNG que fóra del, non serve e andan a enredar. Pero claro..o malo son eu "que son da U". Menudo argumentaso..ides conseguir maioría absoluta!

36 AVE JORRO

Os habéis fijado en la foto; tiene pose de perdonavidas te estudio o te trabajo nena. ¿Y este persoeiro es la referencia del neogaleguismo galego de Jalisia? Para echarse a reir... o a llorar. Este hombre no tiene más méritos que ser hijo de su padre. No ha hecho nada aparte de heredar la influencia del caciquismo ruralex que su padre (Dios o teña na jloria)tan bien representaba, y parece que eso le ha servido para que cuatro listos le hagan caso. Lo dicho para echarse a llorar.

1 Aristóteles

Avejorro con V non o coñezo; con J sí sei do seu veleno. O pai un cacique? Cecais sí. Pero dime, por que o PP tratou de botalo a toda costa? Se non morrera tan de repente penso que de quen estariamos a falar por irse do PP era de Cuiña, pai; non do fillo.No PP os caciques mídense por m2, pero aos galegos non lles preocupa demasiado, non sÍ? Logo permite que o nacionalismo se aproveite dun novo cacique se con iso debilita á dereita retrógada e aso socialismo capitalino que padecemos en Galicia. Non resulta tan difícil de entender, verdade? Ou non alcanzas?

35 Laura P.

Cheogou o día: comeza o final da apropiación que a UPG e os seus afíns pretenderon sempre facer do nacionalismo galego. Agora pasará o que pasa nas nacións sen estado normais, é dicir, que as opcións nacionalistas deixen de marear ao electorado e que este poida elixir. Acabouse que, por exemplo, un nacionalista ao que lle repugne o comunismo teña que votar a un BNG tapando o nariz, habendo unha alternativa más afín. Cada quen que busque o seu espazo, non pasa nada. Contra a opinións monopolistas e interesadas, aquí cabemos todos. Alguén é capaz de imaxinar a CDC, UDC e ERC concorrento xuntas en Catalunya (e a labazadas internas perpetuas)? Pois que esta infantilada deixe de ocorrer en Galiza é un paso adiante cara a ser un pais normal. Por algo se empeza.

1 Ruano

Laura: Parece que algo has mejorado, te has desinfectado parcialmente de tu afección y tu olfativa ya pide tapar las nasales ante su proximidad. El siguiente avance debe pasar por abandonar ese absurdo padecimiento nacionalista que te trae a mal traer. Si quieres ser una mujer de provecho has reconducir tu futuro por la senda del estado nacional y dejarte de peregrinar por la ruta de lo absurdo. España precisa de tu colaboración....! Te esperamos..!

2 Ama

Lauras, ser nacionalista e algo mais que tocar a gaita.

3 A min que me cacheen

Ruaniño, deixa a muller que todo o dereito a equivocarse, home. Entes de razón coma ti non se atopan tódolos dias. Ti segue facendo Pais como só ti sabes facelo; nós iremos detrás de ti ás atoutiñadas por se damos con algo que sexa sustancioso; se todos están a foder no Pais porqué non eu.

4 Santa Comba

Por fin, chegou a hora de Galicia, as mentes mais lucidas estanse a organizar, e na que o Parlamento Galego e outras instutucins esten presentes as persoas máis validas. Estanse a organizar asembleias nacionalistas no pais enteiro que dean resposta a destruccion que esta levando o PP, á ruina que deixou o Psoe e a falta de ideas e aproveitamento da upg-bng. Adiante Rafa, Beiras, Táboas, Perez Bouza,Pérez Lema, Barreiro, Evaristo, Martiño,Báscuas e milleiros de compañeiros e cidadáns que están a construir unha nova alternativa cos pes na terra.

5 Manuel

Laura P., nin ti nin eu somos menos nacionalistas galegos que os seguidores do papa negro, máis ben todo o contrario. O problema a toda esta panda de energúmenos que bota lixo polos foros é que lles vai no salario. Nin Galiza, nin gaitas, o único que teñen en mente é que unha baixada do BNG (aínda que sexa a costa de que suba o voto nacionalista da súa totalidade) pode significar que teñan que traballar despois de anos sen rascala. Non te preocupes Laura, @s galeg@s volveranos poñer no seu sitio.

6 Dona Urraca no seu castelo

Unha pregunta que me fago é ¿son estas mentes lúcidas as que quedan no BNG? Ou trátase dunha estratexia para queimar a catro parviños que saen a morder a todo o que se mova fora do BNG, mentres os alatoiás fican a bon recaudo? Mira que son soeces, burdos, maleducados,...!!Só saben insultar aos que non pensan coma eles. Unha mágoa. Tan ben que estarian calaods!!