Investigado un home por un incendio forestal causado polo lanzamento de foguetes en Pontevedra

O incendio, que afectou a unha superficie de 0,1 hectáreas de monte arboledo, foi provocado "por unha neglixencia durante o lanzamento de foguetes de artificio".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/08/2019 | Actualizada ás 14:09

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Autonómica, xunto con facultativos ambientais, esclareceron a autoría dun incendio forestal en Pontevedra causado por unha neglixencia no lanzamento de foguetes de artificio.

Segundo informou a Vicepresidencia da Xunta nun comunicado, os policías do Grupo de Investigación de Incendios da Xefatura de Pontevedra, en colaboración con axentes facultativos ambientais, procederon a tomar declaración como investigado a un home como presunto autor dun lume forestal ocorrido o 2 de agosto na parroquia de Canicouva.

O incendio, que afectou a unha superficie de 0,1 hectáreas de monte arboledo, foi provocado, indican as mesmas fontes, "por unha neglixencia durante o lanzamento de foguetes de artificio" ao "non comprobar que había lume nos dispositivos pirotécnicos disparados", concreta a Xunta.

As dilixencias instruídas en relación con este incendio forestal foron remitidas ao xulgado de garda de Pontevedra, sinalou a Vicepresidencia da Xunta. No que vai de ano, 59 persoas foron investigadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de incendios forestais en Galicia.

Investigado un veciño de Pontevedra por un incendio forestal
Investigado un veciño de Pontevedra por un incendio forestal | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta