Bautista chama “polisóns” aos críticos que quedan no BNG

O histórico líder da UPG tamén carga contra os que marcharon, aos que acusa de non aceptar a democracia e agora andar facéndolle as beiras a "radicais", mesmo a "grupellos proclives á resistencia armada"

Por Galicia Confidencial | Santiago | 16/04/2012 | Actualizada ás 11:26

Comparte esta noticia

“Non pertence á ortodoxia nacionalista a resurrección dos autos de fe dos tempos da Inquisición, mesmo que haxa quen cre no Santo Oficio igual que nas meigas. Pero si é de rigor manterse vixiantes e distinguir os pasaxeiros dos polisóns. Unha cousa é discrepancia e outra oposición. Se cadra, un dos erros que conduciron á situación actual foi o non ter posto na porta de entrada o cartel de reservado o dereito de admisión”.

Este é un dos parágrafos do artigo de  Bautista Álvarez en Terra e Tempo, o dixital editado pola UPG, o partido máis numeroso dentro do Bloque. Álvarez arremete duramente tanto contra os que acaban de marchar da fronte como os que seguen nela sen aceptar o comunismo da APU, plataforma gañadora das dúas últimas asembleas do BNG e impulsada pola UPG.

Aos que marcharon, o veterano político acúsaos de non aceptar a democracia e de agora andar desorientados buscando socios entre a “seudoesquerda españolista” e o “independentismo radical ou mesmo grupellos proclives á resistencia armada”. De todos os grupos que había no BNG, só quedan dentro a propia UPG, o MGS (unha escisión da UPG) e a minoría de militantes de Máis Galiza, na súa maioría cargos en concellos e no Parlamento, que decidiron quedar no Bloque malia que Máis Galiza marchou . Álvarez relativiza o impacto das escisións pois “non é máis cá un pequeno furuncho que pouco a pouco vai supurando o brume da infección”.

Non saen mellor parados os que quedaron na front, "os que a banda pioneira deixou en retagarda". Álvarez advirte que seguen dentro por conveniencia puramente persoal, é dicir,  “quedaron co santo pola esmola e non por devoción”. Estes “polisóns” continúan no BNG “por medo á friaxe ou non ter garantidos suficientes apoios nas institucións”.

None

Terra e Tempo marca distancias

Non é a primeira vez que Álvarez carga moi duramente contra outras opinións dentro do BNG. Fíxoo, por exemplo, cando asegurou que no Bloque sobraba unto e faltaba cloro.

Iso si, desta vez Terra e Tempo marca distancias coas opinións vertidas polo ex-parlamentario. Así, a publicación da Fundación Bautista Álvarez e órgano de expresión da UPG “recorda que as valoracións e opinións contidas nos artigos das colaboradoras e colaboradores habituais recaen integramente no ámbito da responsabilidade delas e deles”. Noutras palabras, que o artigo do seu ex-voceiro non reflicte necesariamente a opinión da formación que lidera Francisco Rodríguez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 144 comentarios

41 aaaaaaaaaag

Non é coña, O Movemento Pola Base anuncia a súa marcha de Causa Galiza.

1 comento

buá!! tremendo!! Tambaléase o país!!

40 ARTUR

BAUTISTA, BAUTISTA: MOITO DE SEMINARISTA E MOI POUCO DE KOMUNISTA. O QUE ME LEVA A AFIRMAR QUE UPG E PP A MESMA xÉ.

1 Antón

Despois de soltar o exabrupto..en qué te baseas pra decir tal parvada? ou soes facelo por inercía?

39 pinchorla

Pois si que da para falar o artigo, non creo que diga nada que non saibamos, outra cousa é dicilo de frente.Non creo que ninguén por outra banda poda discutir,ou dicir,o que dí Alvarez a non ser dende a distancia da Rede.Políticamente Bautista foi bastante coherente,tanto, ou mellor máis, que a maioría dos nacionalistas. O BNG non creo que morra antes que os demócratas que estiveron en Amio e recurriron a pataleta despois de perder a man alzada según os medios. Eu son un votante que me quedo cós "malos da película", có BNG.Agás que me oferten algo "politicamente millor" que o BNG, será cuestión de fé. Dende logo na rede non aprendo nada dos "bos e xenerosos".

1 comento

non di nada que non saibamos, abofé:seguen escupindo ao que non eran da seita U e pailansiños repite consignas, nada novo, seguen a insultar tanto dentro como fóra. Abofé, nada novo, nada que non se dese antes polos señores da amargura. QUE lles aproveite a súa desfeita e o seu noxo. Eu seguirei botando un ollo ao Berra a Tempo; nestes tempos de incerteça sempre está ben botar unhas risas cos fenómenos que alí predican e dividen o mundo en bos e malos. O que non entendo eu é esa carraxe que teñen , que non nos queren nin dentro nin fóra...........Ao mellor, o que anceiaban era eliminarnos pra sempre? Ai señor, señor... tanto Real MAdrís uns, e tanta zarzuela a outros, fíxoos tolear. Eu quédome co Celta e Coruña, e con muiñeiras e alalás.

2 Cemento e músculo

Pois pra comentar as parvadas que comentas, millor é a abstinencia. Qué si o fútbol, que si a zarzuela. Lee un pouco mais, deixa as droghas i evoluciona.

3 comento

se a evolución é chegar ao nivelón de B-Autista Álvarez e demais camarilla.. que queres que che diga... Veña, amgigos da U, baixade da árbore, que teño bananas!! Oes, eu que son un inculto de 4 pares de co-lhóns, remoméndame desde a túa sapiencia, clarividencia e infalibilidade, algo que me quite esta ignoranssia tan grande qeu teño...........

4 Cemento e músculo

Algo que te quite a tua ignoranssia? o millor que podes facer é ocultala calando e pasando o mais desapercivido posible,. É moi frande pra poder tapala, dende a primeira frase faise constatar.

5 comento

Grazas Cemento, a partir de agora hei calar, xa que o meu falar non é máis valioso que a booosta dunha vaca do Courel nas canteiras de xisto, e tan no-xento como o gas que os barcos polvorín transportan polo ben da Nación a ese patrimonio do pobo galego que é Reganosa. Grazas Cemento por lembrarme a mer-di-ña que un é, e que non teño dereito a soltar estas parvadas pola boca. Amén, oh, Cemento. Bicos.

38 Artus

Grande Bautista! concencia critica da sociedade galega. Non se tenta facer unha critica positiva do artigo de Bautista, de abrirse as masas alineadas, alineandote no seu alineamento. Non se tenta discernir do por qué se entrou nunha formación "demasiado soberanista i escorada a babor" vanse por estribor polos mesmos motivos. Nin as eivas do magnifico artigo, sobre o mutis o estado económico e o emprobecemento do proletariado. Só se tenta reafirmar o eu, os egos e xustificacións persoais, poñendóos en contraposición ó contrario, ó adversario. Adversario en optar ós postos burocráticos que se desexan.

1 Ruano

Tu la cabeza tampoco la tienes muy ordenada que se diga, bueno, si te pones una boina con una estrella de cinco puntas igual te alivia...Mira a ver..!

2 Manuel

Artus ¿entendo que falas de Fernando Blanco, Bieito, Bazarra, Mexuto ou Milucho cando falas de "optar a postos burocŕaticos", "egos e xustificacións persoais" e "abrirse ás masas alineadas"? Se é así avísame que igual resulta que teño que voltar ao Bloque

3 Artús

Rufiano, se foras menos ghili pollas e mais intelixente, non serías ti. Serías algo totalmente diferente o que eres, que pouco ten que facerse mirar, mais ben ocultar.. Manuel, eu penso coma Bautista, non hai sitio no Bloque prós pequeno burgueses, mira a ver se Rufiano te quere con eles.

37 GALICIANO DE PRO

EU SON BAUTISTIANO!!!!!!!!!! VIVA BAUTISTA ALVAREZ E VIVA O POBO GALEGO CEIBE GALIZA NACIÓN AUTODETERMINACION GALIZA CEIBE PODER POPULAR

1 galego

¿Que diferencia hai entre ser bautistiano e Juan Carlista?

2 comento

Galiciano de pro, viva!! Que non chaval, que non vos ides apoderar das ideas do nacionalismo galego, vós os destroiers da casa común. Ala, a lamerse o pito como fan os cans que non atopan compaña.