O financiamento autonómico, a gran arma política do inicio do curso político en Galicia

Grandes diferencias entre os partidos galegos sobre como afrontar a crise aberta entre a Xunta e o Goberno de Pedro Sánchez. O PPdeG está cómodo enfrontamento directo e a oposición dividida en canto á estratexia a seguir.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 02/09/2019 | Actualizada ás 14:39

Comparte esta noticia

A negativa do Goberno central a outorgar o financiamento autonómico ás distintas autonomías centra o inicio do curso político en Galicicia con cruces de acusacións entre o PPdeG, a Xunta e a oposición. Unha oposición que tampouco ten unha postura común.

O presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, se reune co presidente de Francia e o primeiro ministro de Portugal en Bruxelas. Moncloa
O presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, se reune co presidente de Francia e o primeiro ministro de Portugal en Bruxelas. Moncloa

O Goberno de Pedro Sánchez alega que non pode transferir os fondos, que no caso de Galicia ascenden a 700 millóns de euros, porque un informe da Avogacía do Estado desaconsella esta posibilidade ao estar nun goberno en funcións. Con todo, populares, o BNG e o Grupo Mixto da marea de Villares cren que se podía facer a través dunha lei.

Tamén a Xunta acaba de presentar un informe encargado á súa asesoría xurídica conclúe que "o sistema de financiamento autonómico debe ser cumprido polo Goberno estatal con independencia de que se atope ou non se atope en funcións".

Con todo, hai moitas difencias entre os partidos políticos de como afrontar esta situación. Así, o PP utiliza a Xunta como ariete contra o Goberno central e insiste en que se o Executivo central non paga "é porque non quere".

Pola súa banda, entre os partidos da oposición tamén hai diferencias. BNG pide acudir á vía xudicial, como Cataluña, algo que non aproba o Grupo Mixto de Luís Villares que pide chegar a un consenso político. Con todo, os dous critican o enfrontamento "electoralista" entre PP e PSOE a conta deste asunto.

OPOSICIÓN

Así, a portavoz do BNG, Ana Pontón, lamentou que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, se limite a impulsar "unha estratexia mediática" en relación aos 700 millóns de euros que demanda ao Goberno central e censurou a súa "falta de acción política", á vez que insistiu en que debe acudir á vía xudicial. "Feijóo non debería renunciar a nada e sorpréndeme que non vaian á vía xudicial", advertiu.

En troques, o portavoz do grupo mixto, Luís Villares, pediu este luns ao PPdeG que convoque un debate monográfico sobre financiamento autonómico no Parlamento galego co obxectivo de buscar unha "posición de país" coa que instar a que se modifique o artigo 21 da Lei de Goberno para poder desbloquear as entregas a conta ás comunidades autónomas.

En rolda de prensa, Luís Villares criticou o "uso absolutamente partidista" que o PP e o PSOE están a facer sobre as transferencias dos fondos ás autonomías posto que os socialistas están a empregar, ao seu xuízo, unha estratexia de "chantaxe" e os populares utilizando unha posición "victimista".

Pola súa banda, os socialistas denuncian unha campaña calculada do PPdeG para utilizar o financiamento autonómico como "ariete electoral" e insisten en que existe un informe da Avogacía do Estado que impide esta posibilidade. Así, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, defendeu que cun goberno socialista en España as contas das autonomías "van ter un aliado" e incidiu en que o actual Executivo estatal, "en funcións e cuns orzamentos prorrogados", "non ten as condicións e a capacidade de poder actualizar as entregas a conta".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta