Temas: FRASEOLOXíA

“A cachapernas”, “a/ás carranchapernas” ou “a/ás carranchas”, pero non *“a horcaxadas”

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 15/09/2019 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Naquelas ocasións en que queremos manifestar que alguén vai montado ou sentado encol dunha cousa, dun animal ou dunha persoa coas pernas abertas (isto é, cunha perna para un lado da montura e outra perna para o outro), xa algunha ca outra vez temos escoitado en galego ese calco, totalmente alleo á nosa lingua e espurio, de *a horcaxadas.

Nolito, tirado no céspede tras mancarse na súa perna dereita.
Nolito, tirado no céspede tras mancarse na súa perna dereita. | Fonte: lfp.es

E iso que o idioma galego dispón de expresións, inda hoxe en día moi empregadas, para fornecer esa mesma significación. Imos con elas:

A horcajadas && A horcajadillas

{= Montado ou sentado alguén encol dalgunha cousa, dun animal ou doutra persoa coas pernas abertas, isto é, cunha perna para un lado e outra para o outro.}

A cachapernas

A # Ás carranchas

A # Ás carranchapernas

Ex.: Ante la pérdida de la cabalgadura, el marqués cruzó el río a horcajadas de su sirviente.

Ante a perda da cabalgadura, o marqués cruzou o río a cachapernas do seu servente a/ás carranchas do seu servente a/ás carranchapernas do seu servente.

● Tamén, como variantes menos recomendadas desde un punto de vista normativo:

En carranchapernas && A carranchaperna && A # Á canchaperna && A canchapernas && A canchiliperna

NOTAS:

1. Convén facer notar que estas expresións poden compartir espazos de uso con locucións do tipo de (reflectíndoas en castelán) a caballo ou a/en hombros, que veremos nos vindeiros artigos, como hiperónimas das mesmas.

2. As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- Carré Alvarellos, Leandro: Diccionario galego-castelán. De entre 1928 e 1931. Publicado por entregas en 1926. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Filgueira Valverde, X. F. & Tobío Fernandes, L. & Magariños Negreira, A. & Cordal Carús, X.: Vocabulario popular castelán-galego. Publicado por entregas en 1926. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Franco Grande, Xosé Luís: Diccionario galego castelán e vocabulario castelán-galego (2ª edición). Publicado en 1972. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- García González, Constantino: Glosario de voces galegas (1985). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Gómez Clemente, Xosé María: “Os rexistros e os niveis da lingua na fraseoloxía: unha aproximación descritiva das locucións nun corpus textual galego”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 6, 2004, páxs. 81-112. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Martínez Seixo, Ramón Anxo (dir.): Dicionario fraseolóxico galego. Edicións A Nosa Terra, Vigo, 2000.

- Pereda Álvarez, José María: Aportaciones léxicas y folklóricas al estudio de la lengua gallega. Publicado en 1953. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Porto Rey, Francisco: Diccionario gallego-castellano. Publicado en 1900. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Real Academia Galega: Dicionario da Real Academia Galega (versión en liña).

- Rivas Quintas, Elixio: Material lexicográfico da súa elaboración consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina):

a. Frampas, contribución al diccionario gallego, publicado en 1978.

b. Frampas II, contribución al diccionario gallego, publicado en 1988.

c. Frampas III, contribución al diccionario gallego, inédito e cedido polo autor para o Diccionario de diccionarios da lingua galega.

- Rodríguez Gil, Francisco Javier: Diccionario gallego-castellano. Versión manuscrita (1855) e versión publicada en 1863 consonte a edición preparada por Antonio de la Iglesia González). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Rodríguez González, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego castellano, vols. I (1958), II (1960) e III (1961). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta