Temas: GALICIA DATOS

Baixan a creación de empresas en Galicia, mentres aumentan en España

As disolucións soben un 11,1%, amplían capital 102 compañías e redúceno unha vintena.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 12/09/2019 | Actualizada ás 11:50

Comparte esta noticia

O número de novas sociedades mercantís baixou un 1,1% en xullo en Galicia en relación co mesmo mes de 2018, ata 281 empresas, á vez que as disolucións subiron un 11,1%, ata 80, segundo os datos que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE). Un dato que se suma a do descenso da producción industrial en Galicia este ano.

As 281 sociedades mercantís creadas supuxeron a subscrición e o desembolso de case 91,13 millóns de euros, repartidas entre 280 sociedades limitadas (91,03 millóns) e unha anónima (96.000 euros).

As 80 disoltas, pola súa banda, correspondéronse con 58 operacións de tipo voluntario, unha fusión e 21 doutro tipo. Houbo desembolso de dividendos pasivos por parte dunha compañía, por 581.000 euros. Mentres, ampliaron capital 102 empresas, por 51,79 millóns (tres sociedades anónimas e 99 sociedades limitadas); e reducírono 20 (por 5,32 millóns).

DATOS ESTATAIS

No conxunto estatal, o número de novas sociedades mercantís incrementouse un 1,6% o pasado mes de xullo respecto ao mesmo mes de 2018, ata sumar 7.820 empresas, á vez que as disolucións empresariais incrementáronse un 9,2%, ata totalizar 1.622.

Polígono industrial Lalin 2000
Polígono industrial Lalin 2000 | Fonte: navesindustriales.com

Temas: GALICIA DATOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta