O PSOE arrasa nunha enquisa do CIS que é anterior á errada sesión de investidura

O partido de Sánchez subiría do 29,7% ao 32,2% se ao voto directo se lle suma a simpatía. O BNG aparece por primeira vez en anos neste estudo co 0,2% de intención de voto e simpatía.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 12/09/2019 | Actualizada ás 17:04

Comparte esta noticia

O PSOE arrasaría en voto directo no CIS posterior ao 26-M, ao lograr un 29,7% dos sufraxios. Subiría ao 32,2% se a iso se lle suma a simpatía. Con todo, esta enquisa foi feita entre o 17 de xuño e 16 de xullo pasado,antes da errada sesión de investidura de xullo, e non tivo en conta os desencontros que tiveron lugar despois entre socialistas e Podemos.

Enquisa do CIS que dá a victoria ao PSOE
Enquisa do CIS que dá a victoria ao PSOE | Fonte: CIS

De feito, os resultados dos socialistas nesta enquisa case duplican aos que teñen PP, Ciudadanos e Unidas Podemos xuntos. Así, o PP quedaría cun 11,6% de voto directo. Podemos e as súas confluencias obtería un 8,9%; Cs, un 7,4%, e Vox, un 3,3%. Desta maneira, o partido de Pedro Sánchez vencería con claridade nunhas novas eleciones, segundo se desprende da enquisa do Centro de Investigacións Sociolóxicas, unha institución que, desde que a dirixe José Félix Tezanos, está sendo moi cuestionada por todas as formacións.

Este estudo demoscópico só recolle a resposta espontánea dos cidadáns, sen estimación de voto por parte do centro de Jose Felix Tezanos. No entanto, se á intención de voto se lle suma a simpatía, o PSOE escalaría até o 32,2%, seguido do PP, co 12,8%; Unidas Podemos e as súas confluencias co 9,9%, e Cs, co 8,6%.

BNG

Nesta enquisa, e a diferenza doutras investigacións sociolóxicas realizadas, aparece o BNG por primeira vez desde que está fora do Congreso. Así a formación nacionalista aparece co 0,2% de intención de voto directo e simpatía. 

Así, ademais do BNG obterían representación --excluíndo a PP, PSOE, Unidas Podemos, Cs e Vox--, ERC co 3,1% dos votos; EH-bidu, co 1,3%; PNV, co 1,1%; Junts per Catalunya, co 1,1%; Pacma, co 0,8%; Compromís, co 0,6%; Coalición Canaria, co 0,2%; Partido Rexionalista de Cantabria, co 0,2% e Nafarroa Bai, co 0,2%.

DESCONFIANZA

A sondaxe coloca a desconfianza en primeiro lugar como o primeiro sentimento que cita o 34,2% dos cidadáns cando se lle pregunta pola política. Séguelle o aburrimento (15,8%) e a indiferenza (13,3%) como emocións negativas, e só unha positiva, o interese (12,4%) cóase entre o cinco primeiros, antes da irritación (9,2%).

A enquisa tamén unha valoración dos líderes políticos, e o presidente en funcións levaba en xullo a nota máis alta, con 4,7 puntos. Seguíalle Alberto Garzón (EU), con 3,8; o líder de Cs, Albert Rivera, con 3,5; o de podemos, Pablo Iglesias, con 3,4; o presidente do PP, Pablo Casado, con 3,3 e o de Vox, Santiago Abascal (2,5).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta