A orixe do incendio de Cartelle foi unha queima de herba seca non autorizada

No que vai de ano, 64 persoas foron investigadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de incendios forestais.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 13/09/2019 | Actualizada ás 15:44

Comparte esta noticia

Membros da Policía Autonómica, xunto con axentes forestais, esclareceron a autoría dun incendio forestal rexistrado este mes de setembro no Concello de Cartelle (Ourense) e que se iniciou nunha queima de herba seca non autorizada.

Inicio dun incendio forestal en Cartelle.
Inicio dun incendio forestal en Cartelle.

En concreto, o lume tivo lugar o pasado 10 de setembro no lugar de Pereda e, segundo as estimacións oficiais, afectou unha superficie de 0,17 hectáreas.

Os axentes tomaron declaración a un investigado en relación aos feitos. O incendio produciuse cando o home, segundo puideron saber, realizaba "de maneira neglixente" unha queima de herba seca non autorizada nunha leira da súa propiedade, "a pesar de estar prohibidas todo tipo de queimas por un risco extremo de lume debido ás elevadas temperaturas e ao vento".

No que vai de ano, explicou a Xunta, un total de 64 persoas foron investigadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de incendios forestais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta