Feijóo inicia unha viaxe institucional a Arxentina para promocionar "o mellor Ano Santo na mellor Galicia da historia"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/09/2019 | Actualizada ás 14:39

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, iniciou este domingo unha viaxe institucional a Arxentina no que promocionará "o mellor Ano Santo na mellor Galicia". Así o indicou o Executivo autonómico, que sinala que o desenvolvemento do Xacobeo 21 será un dos alicerces da visita, que se prolongará ata o próximo 21 de setembro.

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo | Fonte: Xunta.

Neste contexto, o responsable da Xunta destacou que o próximo Xacobeo será "o mellor Ano Santo na mellor Galicia da historia".

Dita promoción estará baseada nunha serie de actividades programadas en distintas cidades, como o turístico Mar de Prata, onde Feijóo participará na inauguración de 'Obradoiro de Sabores' ou da exposición 'Xacobeo'.

Estas iniciativas incidirán en mostrar á comunidade arxentina como Galicia é un lugar para visitar "cunha oferta turística, saudable, natural e gastronómica única", tal e como indica a Xunta.

Por outra banda, a pesca e as relacións comerciais entre Galicia e Arxentina constituirán o outro alicerce que sustente a viaxe institucional de Feijóo.

Sobre este tema a Xunta destacou que o presidente estará acompañado da conselleira do Mar, Rosa Quintana, nas súas visitas ás cidades de Puerto Madryn, Rawson e Puerto Deseado, onde terán lugar unha serie de encontros con empresarios pesqueiros galegos.

Desta forma Feijóo terá a oportunidade de coñecer os portos, o traballo das principais empresas pesqueiras da zona e a situación dos traballadores galegos emigrados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta