Máis de 500 sinaturas na CRTVG

O colectivo de contratados da CRTVG presentou xa máis de 500 sinaturas, que representan ó 56% dos traballadores, para que non se asine o novo convenio desta compañía sen a aprobación da maioría dos traballadores nunha asamblea con votación vinculante....

Por Galicia Confidencial | Galicia | 12/05/2006 | Actualizada ás 09:30

Comparte esta noticia

"Esiximos que o novo convenio que se asine recolla como mínimo o número de prazas que se reclamaban na folga de xuño de 2005 e reclamamos un novo estudo das necesidades reais de persoal da CRTVG, datos fundamentais para levar a cabo unha convocatoria dun número xusto de prazas", indican neste prego de demandas.

O actual cadro de persoal da CRTVG conta con 558 traballadores fixos e 323 contratados. 255 deles pasaron a ser fixos por un concurso de méritos no ano 1986, 305 por un concurso-oposición libre celebrado no 1991. Dende o ano 1992, cando se resolve o único concurso-oposición para todas as categorías laborais da historia da CRTVG, "non houbo ningunha ampliación de catálogo". Daquela cuubrironse 44 vacantes; 25 por concurso-oposición e 19 por promoción interna.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 75 comentarios

20 bruno

Non entendo como durante todos estes anos de goberno do PP non oimos falar a nengún contratado da súa situación. ¿Pode ser que tiñan medo de perde-lo seu posto de traballo? E agora ¿Porque perderon lo medo? ¿non será porque teñen garantido o seu traballo por medio dunhas listaxes pelexadas polos sindicatos? ¿unhas listaxes que os privilexian ante os que non traballamos nin polo visto poderemos traballar na TVG todos estes anos? Pero non parece dabondo, agora hainos que meter fixos pola cara. O dito, se os sindicatos tragan desta, que se esquezan de mín para sempre.

19 bruno

18 bruno

17 pringada

Disculpa non sabia que con contratos artísticos ou ETT podía votar......ou mesmo presentarme. Grazas.

16 arturo

Pringada,
pois a cuestión é que se tes unha antigüidade na empresa de polo menos un mes, nas vindeiras eleccións sindicais podes votar, do mesmo xeito que puideches votar nas anteriores. Ou é que antes, como non che interesaba, nin sabías que podias votar? Mesmo pódeste presentar, e se saes elixida, Pringada, coa concepción que tes da representación sindical, ti seguro que vivirás ben.