O litoral galego volverá ter aviso amarelo este venres por ondas de catro a cinco metros de altura

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/09/2019 | Actualizada ás 09:26

Comparte esta noticia

O litoral galego volverá ter aviso de nivel amarelo desde media mañá deste venres, 27 de setembro, debido a ondas de catro a cinco metros de altura.

Segundo o Boletín de tempo meteorolóxico con avisos publicado por Meteogalicia, e recolleito por Europa Press, as borrascas que se desprazan polo Atlántico norte formarán ondas que chegarán ao litoral galego cunha altura dun catro metros.

Por iso, a partir das 9,00 horas deste venres está previsto aviso amarelo no litoral da Coruña, mentres que no da Mariña luguesa e no de Pontevedra está fixado para as 12,00 horas.

Aviso amarelo no litoral galego para o venres 27 de setembro.. METEOGALICIA
Aviso amarelo no litoral galego para o venres 27 de setembro.. METEOGALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta