Intelixencia artificial para mellorar a competitividade de Finsa

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/10/2019 | Actualizada ás 17:52

Comparte esta noticia

Unha colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) presentada este martes aspira a "mellorar a competitividade" da empresa Financeira Madeireira S.A. (Finsa), a través do uso de técnicas como a intelixencia artificial, o 'big data' e a computación de altas prestacións.

En concreto, trátase da segunda fase do proxecto 'Sistemas intelixentes para a Industria 4.0.', no que a USC, segundo informa, participa a través do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS).

Así, o modelo desta tripla alianza significa a adopción dun equipo interdisciplinario que implica a empresa, tecnoloxía e academia para traballar por obter o produto de calidade demandado polos clientes.

Esta segunda fase do proxecto dará continuidade aos resultados obtidos no proxecto de investigación que CiTIUS, Cesga e Finsa desenvolveron desde 2017. Durante este tempo, traballouse no deseño de algoritmos para controlar de forma automática nos distintos procesos industriais para construír mobiliario moderno.

Agora, dous anos máis tarde, asínase un novo contrato de investigación por un total de cinco anos de duración que manterá esta actividade científica. O acto de presentación do proxecto tivo lugar este martes na planta de Finsa no polígono de San Cibrao das Viñas (Ourense). Participaron os directores de CiTIUS e Cesga, Senén Barro e Mario Fernández Dabouza, respectivamente, e a directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta, Patricia Argerey.

Fábrica de Finsa en Padrón (A Coruña)
Fábrica de Finsa en Padrón (A Coruña)

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta