Concelleiros unidos por un Novo Proxecto Común do nacionalismo

Edís de Mondariz, Val do Dubra, Teo, Ribadumia, Catoira , Outes, Lousame, Ames, Manzaneda, Toén, Gondomar, Cuntis, Beariz, Cee, Agolada, Bergondo, Carballedo, Bueu, Chantada, Alfoz, Maceda, Muros, Portomarín, Antas de Ulla e Sober explican porque seguirán nos seus cargos mentres se constrúe unha alternativa nacionalista de esquerdas ao BNG. Na Ulloa, debate entre irmandiños, FPG, Acción Galega, Ecosocialistas e Máis Galiza.

Por Galicia Confidencial | Teo | 26/05/2012 | Actualizada ás 22:18

Comparte esta noticia

Edís de 26 concellos do país manifestáronse hoxe a prol de construír "un novo referente político". Son concelleiros que militaban até hai meses no BNG e que abandonaron a fronte no proceso de artellamento do Novo Proxecto Común.

A reunión tivo lugar en Cacheiras, Teo, onde é alcalde un dos referentes da nova forza, Martiño Noriega, militante do Encontro Irmandiño, o partido 'altermundista' que lidera Xosé Manuel Beiras.

O texto destaca que na ruptura do Bloque marcharon dúas das tres principais correntes que convivían na fronte, en referencia aos irmadiños e Máis Galiza; mentres o Bloque continúa nucleado entorno aos comunistas da Unión do Pobo Galego (UPG).

A nivel ideolóxico, o manifesto destaca polo seus ataques aos recortes executados polos gobernos ocnservadores. Así o texto argumenta que "Nestes tempos nos que todos renuncian pola política de recortes do Partido Popular, nós non renunciamos. Non renunciamos a esixir plans de conciliación, políticas sociais activas, apoio aos nosos sectores produtivos locais, prestixiadas programacións culturais, melloras das nosas infraestruturas e  servizos básicos, axuda ás actividades dos nosos tecidos asociativos e defensa das prestacións educativas e sanitarias dos nosos concellos".

O BNG solicitou reiteradamente que estes políticos deixaran as súas actas ao abandonar a fronte. Polo que se deduce do manifesto, seguirán no seus cargos. Os políticos apelan ao "deber ético" e a "grande responsabilidade" que supón ser elixido nos comicios locais para comprometerse a continuación a seguir tratando de solucionar os problemas dos veciños que "xurdan durante todo este mandato".

 Velaquí o texto completo do manifesto e a lista de asinantes:

None

TENDENDO PONTES DENDE OS CONCELLOS

As decisións importantes non se adoptan por capricho. Teñen a súa razón de ser. A ruptura da que era a casa común do nacionalismo, o BNG, produciuse en toda Galiza coa marcha de dúas das tres sensibilidades que daban razón de ser á fronte nacionalista, o Encontro Irmandiño e Máis Galiza. Un feito desta transcendencia tivo tamén consecuencias en moitos concellos do país.

Ducias de concelleiros e concelleiras próximos a estas sensibilidades ou dende a independencia decidimos iniciar un novo camiño coa esperanza de asentar modelos municipais participativos, abertos, comprometidos e orgullosos de seu. Nestes tempos nos que todos renuncian pola política de recortes do Partido Popular, nós non renunciamos. Non renunciamos a esixir plans de conciliación, políticas sociais activas, apoio aos nosos sectores produtivos locais, prestixiadas programacións culturais, melloras das nosas infraestruturas e  servizos básicos, axuda ás actividades dos nosos tecidos asociativos e defensa das prestacións educativas e sanitarias dos nosos concellos. Por principios, non renunciamos.

Mantendo o máximo respecto para cos que até o de agora foron os nosos compañeiros e compañeiras, optamos por iniciar colectivamente un novo camiño que remate na construción a nivel nacional dun novo referente político. Un camiño propio, diferente, que aposte por novas maneiras de relacionarse entre nós e a sociedade e que teña vocación de ser unha ferramenta útil para facer fronte aos retos do futuro do noso  país.

Somos conscientes da grande responsabilidade que aceptamos no momento no que fomos escollidos pola veciñanza para ser os seus representantes nos diferentes concellos. Somos conscientes de que esta responsabilidade é maior coa tarefa colectiva que temos por diante. Sentimos que temos o deber ético  de seguir representando aos veciños e veciñas que confiaron en nós nas pasadas eleccións municipais. Foi con eles, cos que realmente adquirimos este compromiso firme de defender as propostas coas que fomos elixidos, de escoitalos e de solucionarlles os problemas que xurdan durante todo este mandato.

 Dende os nosos Concellos, facendo país gran a gran queremos gañar o futuro. Novas maneiras , novas  formas de exercer a política e o convencemento de que é unha maioría social agredida a que precisa desta aposta colectiva de todos e todas nós.

 Cacheiras (Teo), 26 de maio do 2012

Asinan, representantes dos Concellos de:

Mondariz, Val do Dubra, Teo, Ribadumia, Catoira , Outes, Lousame, Ames, Manzaneda, Toén, Gondomar, Cuntis, Beariz, Cee, Agolada, Bergondo, Carballedo, Bueu, Chantada, Alfoz, Maceda, Muros, Portomarín, Antas de Ulla e Sober.

Debate na Ulloa

Por outra banda a construción do NPC segue adiante a nivel comarcal. Hoxe a Asemblea Galeguista Ulloa – Asemblea Nacionalista debateu o proceso de constitución das asembleas do NPC. Participaron Xoán Hermida coordinador do Espazo Ecogaleguista, Rafael Cuíña de Acción Galega, Xoán Báscuas líder de Máis Galiza, Luis Eyré de Encontro Irmandiño e Xosé Manuel Seixas da FPG. "Esta asemblea nacionalista da Ulloa abre a participación no debate a forzas soberanistas como é a FPG", salienta a organización do evento.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 110 comentarios

4 Non hai vergoña

Que pouca vergoña ten esta xente, e non acabo de entender ainda por encima porque se lles da tanto bombo. Se foran tránsfugas do PP ou do PSOE seguro que non, va que si?

3 Torrado Fiquei

Os marchistas, marchar, marcharán cen veces máis pero as actas non as soltan, Menudos aprovietados. Acabarán no PPSOE cos votos dos nacionalistas. Hai que ter pouca vergonza. Por certo, non comentades nada do grupo que acaba de formarse dentro do BNG liderado por tres pesos pesados do nacionalismo auténtico. Camilo Noqueira, Aymerich e Veiga.

1 Gamela

Que dis que fixeron estes tres? Camilo-Aymerich-Suso disque van xogar a tute con Paco Rodríguez? Non pode ser certo...!

2 Gamelind

Gamela, cando vexades o resultado da vosa merdallada estaredes satisfeitos. Daquela, os vosos liberadores xa estarán ocupando carguiños no abanico español. Tamén acabaredes ai con eles? Responde, si us plau.

3 Torrado Fiquei

Sempre será mellor que xogar ao subastado co fillo de Cuiña

4 a gamela

ti non es unha que escrebe en chuza?fan de GB e glory lake?

5 anonimo

Non, gamela, en todo caso o pepeiro intoxicante facéndose pasar por nacionata serás ti. En Praza xa escriben outros.

6 Dorna

Não vos enganedes. Gamela é uma toupeira de Galicia Bilingue e portanto detesta qualquer cousa que cheire a galega.

2 Non ó transfuguismo

Os tránsfugas prosistema que non son demasiado nacionalistas nin demasiado de esquerdas recoñecen pois que son unha "alternativa" ao BNG, non ao PP nin ao PSOE. O de Teo conseguiu transfugarse despois de enganar á asemblea local do BNG, comprometerase a devolver a acta se llo pedía o BNG para que así lle deixasen facer a lista con xente afín posto que sabía que a maioría da militancia era do BNG. Outros que saen na foto están agora gobernando sen ningún problema co PP. Por certo tanto conto de que eran tantísimos e na foto so aparecen un par de ducias. En todo caso que devolvan as actas se queren ter un mínimo de credibilidade.

1 Aristóteles

O BNG sabe que teñen todo o dereito de quedarse coas súas actas porque son súas, non do partido. Tamen saben que iso de gobernar co PP é un sanbenito que lle queren poñer para descualificalos. En tan pouco tempo non van pasar de ser "validos nacionalistas de esquerds" cando militaban no BNG a impresentables dereitosos. Iso non é verdade; afirmalo así só se entende en clave de rabia e de cabreo inútil

1 Votante Perpetuo

Eu votei BNG, se xa non están no BNG que devolvan as actas. TRÁNSFUGAS¡¡¡

1 nacionalista de compostela

Eu votei bng, non upg, quero que me devolvan o meu voto.

2 Nacionalista ti? Huas Huas

Votaste BNG e votaste UPG, xa sabias o que habia nas listas. Que pouca vergoña tendes, como vai levantar cabeza o nacionalismo convosco, se tendes a cara de formigón.

3 comento

muito boa,nacionalistacompostela. se até se cren donos do electorado e do voto do finado BNG, que era de todas, non da U (que en paz descanse, figurativamente, que seica está a punto de rachar).

4 Un vello galeguista

A Constitución española que regula a participación dos cidadáns nunha eleccións é sumamente expresiva neste eido: o poder, a soberanía reside no pobo; no pobo que participa utuilizando aos partidos políticos e outras formas de facelo que tamen existen, como ferramente non como fin. É aquí onde radica o dereito dos concelleiros e deputados a conservar as actas conseguidas. Os partidos son canles de participación pero non se presentan ás eleccións en realidade; quen se presenta son todos e cada un dos compoñentes das listas respectivas. Teñen dereito a quedarse cos actas ? SI, téñeno; outra cousa é que por cuestións de moralidade ou principios individuais decidan entregarllelas aos partidos antes de irse dos mesmos.