Concelleiros unidos por un Novo Proxecto Común do nacionalismo

Edís de Mondariz, Val do Dubra, Teo, Ribadumia, Catoira , Outes, Lousame, Ames, Manzaneda, Toén, Gondomar, Cuntis, Beariz, Cee, Agolada, Bergondo, Carballedo, Bueu, Chantada, Alfoz, Maceda, Muros, Portomarín, Antas de Ulla e Sober explican porque seguirán nos seus cargos mentres se constrúe unha alternativa nacionalista de esquerdas ao BNG. Na Ulloa, debate entre irmandiños, FPG, Acción Galega, Ecosocialistas e Máis Galiza.

Por Galicia Confidencial | Teo | 26/05/2012 | Actualizada ás 22:18

Comparte esta noticia

Edís de 26 concellos do país manifestáronse hoxe a prol de construír "un novo referente político". Son concelleiros que militaban até hai meses no BNG e que abandonaron a fronte no proceso de artellamento do Novo Proxecto Común.

A reunión tivo lugar en Cacheiras, Teo, onde é alcalde un dos referentes da nova forza, Martiño Noriega, militante do Encontro Irmandiño, o partido 'altermundista' que lidera Xosé Manuel Beiras.

O texto destaca que na ruptura do Bloque marcharon dúas das tres principais correntes que convivían na fronte, en referencia aos irmadiños e Máis Galiza; mentres o Bloque continúa nucleado entorno aos comunistas da Unión do Pobo Galego (UPG).

A nivel ideolóxico, o manifesto destaca polo seus ataques aos recortes executados polos gobernos ocnservadores. Así o texto argumenta que "Nestes tempos nos que todos renuncian pola política de recortes do Partido Popular, nós non renunciamos. Non renunciamos a esixir plans de conciliación, políticas sociais activas, apoio aos nosos sectores produtivos locais, prestixiadas programacións culturais, melloras das nosas infraestruturas e  servizos básicos, axuda ás actividades dos nosos tecidos asociativos e defensa das prestacións educativas e sanitarias dos nosos concellos".

O BNG solicitou reiteradamente que estes políticos deixaran as súas actas ao abandonar a fronte. Polo que se deduce do manifesto, seguirán no seus cargos. Os políticos apelan ao "deber ético" e a "grande responsabilidade" que supón ser elixido nos comicios locais para comprometerse a continuación a seguir tratando de solucionar os problemas dos veciños que "xurdan durante todo este mandato".

 Velaquí o texto completo do manifesto e a lista de asinantes:

None

TENDENDO PONTES DENDE OS CONCELLOS

As decisións importantes non se adoptan por capricho. Teñen a súa razón de ser. A ruptura da que era a casa común do nacionalismo, o BNG, produciuse en toda Galiza coa marcha de dúas das tres sensibilidades que daban razón de ser á fronte nacionalista, o Encontro Irmandiño e Máis Galiza. Un feito desta transcendencia tivo tamén consecuencias en moitos concellos do país.

Ducias de concelleiros e concelleiras próximos a estas sensibilidades ou dende a independencia decidimos iniciar un novo camiño coa esperanza de asentar modelos municipais participativos, abertos, comprometidos e orgullosos de seu. Nestes tempos nos que todos renuncian pola política de recortes do Partido Popular, nós non renunciamos. Non renunciamos a esixir plans de conciliación, políticas sociais activas, apoio aos nosos sectores produtivos locais, prestixiadas programacións culturais, melloras das nosas infraestruturas e  servizos básicos, axuda ás actividades dos nosos tecidos asociativos e defensa das prestacións educativas e sanitarias dos nosos concellos. Por principios, non renunciamos.

Mantendo o máximo respecto para cos que até o de agora foron os nosos compañeiros e compañeiras, optamos por iniciar colectivamente un novo camiño que remate na construción a nivel nacional dun novo referente político. Un camiño propio, diferente, que aposte por novas maneiras de relacionarse entre nós e a sociedade e que teña vocación de ser unha ferramenta útil para facer fronte aos retos do futuro do noso  país.

Somos conscientes da grande responsabilidade que aceptamos no momento no que fomos escollidos pola veciñanza para ser os seus representantes nos diferentes concellos. Somos conscientes de que esta responsabilidade é maior coa tarefa colectiva que temos por diante. Sentimos que temos o deber ético  de seguir representando aos veciños e veciñas que confiaron en nós nas pasadas eleccións municipais. Foi con eles, cos que realmente adquirimos este compromiso firme de defender as propostas coas que fomos elixidos, de escoitalos e de solucionarlles os problemas que xurdan durante todo este mandato.

 Dende os nosos Concellos, facendo país gran a gran queremos gañar o futuro. Novas maneiras , novas  formas de exercer a política e o convencemento de que é unha maioría social agredida a que precisa desta aposta colectiva de todos e todas nós.

 Cacheiras (Teo), 26 de maio do 2012

Asinan, representantes dos Concellos de:

Mondariz, Val do Dubra, Teo, Ribadumia, Catoira , Outes, Lousame, Ames, Manzaneda, Toén, Gondomar, Cuntis, Beariz, Cee, Agolada, Bergondo, Carballedo, Bueu, Chantada, Alfoz, Maceda, Muros, Portomarín, Antas de Ulla e Sober.

Debate na Ulloa

Por outra banda a construción do NPC segue adiante a nivel comarcal. Hoxe a Asemblea Galeguista Ulloa – Asemblea Nacionalista debateu o proceso de constitución das asembleas do NPC. Participaron Xoán Hermida coordinador do Espazo Ecogaleguista, Rafael Cuíña de Acción Galega, Xoán Báscuas líder de Máis Galiza, Luis Eyré de Encontro Irmandiño e Xosé Manuel Seixas da FPG. "Esta asemblea nacionalista da Ulloa abre a participación no debate a forzas soberanistas como é a FPG", salienta a organización do evento.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 110 comentarios

9 Real Academia

"Explican POR QUE".

8 Agardista

Legalmente as actas pertencen aos propios concelleiros/as, moralmente e eticamente pertencen ao BNG. Escasos concelleiros dos máis de 400 que ten o BNG no país, unha proba máis que desmonta a campaña mediática contra o BNG. Respectade xa o que decideu o BNG na Asemblea Nacional de Amio.

1 frautista

As actas son do pobo e xa vos dirá o que quere en breve

2 Hramelín

E se son do pobo por que as levaron os tránsfugas?

3 frautista

Iso iso os tránsfugas que quedan no BNG bruando parvadas?

7 NacionalistaGZ

O invento do NPC este do cara**o é claramente un Bloque Bis. Quen non o queira ver que apañe uns óculos

6 Bandeira

Por moito que queiran agochalo, son TRÁNSFUGAS, se queren montar outro proxecto político teñen todo o dereito do mundo, mais neste momento usurpan uns cargos públicos dunha organización pola que se presentaron. É o seu problema ético e xa sei que poden mirar para outro lado, mais vailles acompañar na súa traxectoria pública.

1 comento

... e dálle...

2 Bandeira

Proe?

3 comento

pesados!! non proe, porque sabes que o que dis é falso e unha falacia, meu rei. Iso si, ti fai o que te digan, non vai ser que te boten do bloque....UUUUUUUU.....! ; )

4 Bandeira

Se para defenderte tes que poñer UUUUUU, é que non hai moi pouca argumentación, sintoo.

5 Un vello galeguista

Quen non ten argumentación es ti, Bandeira. As actas non son do Partido; sábelo; por que non o dis. Falas de ética; iso tiñas que expoñelo dentro do BNG antes de...agora resulta un tanto insultante falar de ética logo do que pasou con Beiras, primeiro e con Quintana depois. Así son as cousas. Se falamos de ética sexamos portadores dese valor, senón calemos a boca para que non entren moscas contaminadas.

6 Bandeira

Ou sexa, perder unha Asemblea democrática, polos votos da militancia, e irse coas actas é ético; pois daquela deberías revisar esa definición. Dálle as vostas que queiras pero quédalles para a súa vida a marca de TRÁNSFUGAS.

7 mulido

É democracia. Nunha organización que se dicía fronte nos textos aprobados pola militancia e se presentaba como partido ás eleccións u-la ética? Ademais, tránsfuga é quen cambia o goberno co seu voto... Os argumentos que usades parecen sacados da Falange.

8 Bandeira

Tránsfuga é quen cambia de organación política pola que se presentou e pasa a militar noutra forza política, sen pasar antes polas urnas.

9 Un vello galeguista

Prezado Bandeira: por unha banda pareces algo informado, pola outra parece como se falaras ao dictado dalguén que non che explica ben a lección. Coñeces o que se chama "Grupo dos non adcritos?; aí é a onde van a parar os que deixan o seu partido e seguen na corporación porque a lei llelo permite. Non son tránfugas; así chámanse aos que deixando o partido polo que se presentaron colaboran cun cambio de goberno na corporación. Por favor, Bandeira; un chisco máis de calma e de siso, sí? Non me dis nada sobre o caso Beiras e Quintana dentro do BNG? Non tes nada que aportar? Ou isto próeche? Saúdos.

5 DANTON

Galicia Confidencial é o barbeirro municipal da NPC: E TODOS XUNTOS FAN MEDIO HOME. Federico G. Lorca.

1 comento

que parida, é como se eu digo que Sermos é o órgano mediático da Upg (que en paz descanse, figurativamente, que seica está a punto de rachar).

2 mirade que dous

tentando insultarse e dándose a razón,dicindo mesmo.

3 Dona Urraca no seu castelo

Realmente o nacionalismo galego está perdido se non é quen de liberarse de toda "esta tropa" que diria Romanones. Aqui tiñamos un doente que foi tratado dunha maneira rápida e practica: separar as partes do corpo humano que presentaban rechazo dende tempos ha. Punto final. Agora cada parte tratará de recompoñerse e seguir viva. Deixádea vivir; crecer, manifestarse forte e rexa diante dos que pretenden que morra. Non sexades os deudos e os enterradores porque isto resulta repugnante. + Nacionalismo e menos cainismo.