Concelleiros unidos por un Novo Proxecto Común do nacionalismo

Edís de Mondariz, Val do Dubra, Teo, Ribadumia, Catoira , Outes, Lousame, Ames, Manzaneda, Toén, Gondomar, Cuntis, Beariz, Cee, Agolada, Bergondo, Carballedo, Bueu, Chantada, Alfoz, Maceda, Muros, Portomarín, Antas de Ulla e Sober explican porque seguirán nos seus cargos mentres se constrúe unha alternativa nacionalista de esquerdas ao BNG. Na Ulloa, debate entre irmandiños, FPG, Acción Galega, Ecosocialistas e Máis Galiza.

Por Galicia Confidencial | Teo | 26/05/2012 | Actualizada ás 22:18

Comparte esta noticia

Edís de 26 concellos do país manifestáronse hoxe a prol de construír "un novo referente político". Son concelleiros que militaban até hai meses no BNG e que abandonaron a fronte no proceso de artellamento do Novo Proxecto Común.

A reunión tivo lugar en Cacheiras, Teo, onde é alcalde un dos referentes da nova forza, Martiño Noriega, militante do Encontro Irmandiño, o partido 'altermundista' que lidera Xosé Manuel Beiras.

O texto destaca que na ruptura do Bloque marcharon dúas das tres principais correntes que convivían na fronte, en referencia aos irmadiños e Máis Galiza; mentres o Bloque continúa nucleado entorno aos comunistas da Unión do Pobo Galego (UPG).

A nivel ideolóxico, o manifesto destaca polo seus ataques aos recortes executados polos gobernos ocnservadores. Así o texto argumenta que "Nestes tempos nos que todos renuncian pola política de recortes do Partido Popular, nós non renunciamos. Non renunciamos a esixir plans de conciliación, políticas sociais activas, apoio aos nosos sectores produtivos locais, prestixiadas programacións culturais, melloras das nosas infraestruturas e  servizos básicos, axuda ás actividades dos nosos tecidos asociativos e defensa das prestacións educativas e sanitarias dos nosos concellos".

O BNG solicitou reiteradamente que estes políticos deixaran as súas actas ao abandonar a fronte. Polo que se deduce do manifesto, seguirán no seus cargos. Os políticos apelan ao "deber ético" e a "grande responsabilidade" que supón ser elixido nos comicios locais para comprometerse a continuación a seguir tratando de solucionar os problemas dos veciños que "xurdan durante todo este mandato".

 Velaquí o texto completo do manifesto e a lista de asinantes:

None

TENDENDO PONTES DENDE OS CONCELLOS

As decisións importantes non se adoptan por capricho. Teñen a súa razón de ser. A ruptura da que era a casa común do nacionalismo, o BNG, produciuse en toda Galiza coa marcha de dúas das tres sensibilidades que daban razón de ser á fronte nacionalista, o Encontro Irmandiño e Máis Galiza. Un feito desta transcendencia tivo tamén consecuencias en moitos concellos do país.

Ducias de concelleiros e concelleiras próximos a estas sensibilidades ou dende a independencia decidimos iniciar un novo camiño coa esperanza de asentar modelos municipais participativos, abertos, comprometidos e orgullosos de seu. Nestes tempos nos que todos renuncian pola política de recortes do Partido Popular, nós non renunciamos. Non renunciamos a esixir plans de conciliación, políticas sociais activas, apoio aos nosos sectores produtivos locais, prestixiadas programacións culturais, melloras das nosas infraestruturas e  servizos básicos, axuda ás actividades dos nosos tecidos asociativos e defensa das prestacións educativas e sanitarias dos nosos concellos. Por principios, non renunciamos.

Mantendo o máximo respecto para cos que até o de agora foron os nosos compañeiros e compañeiras, optamos por iniciar colectivamente un novo camiño que remate na construción a nivel nacional dun novo referente político. Un camiño propio, diferente, que aposte por novas maneiras de relacionarse entre nós e a sociedade e que teña vocación de ser unha ferramenta útil para facer fronte aos retos do futuro do noso  país.

Somos conscientes da grande responsabilidade que aceptamos no momento no que fomos escollidos pola veciñanza para ser os seus representantes nos diferentes concellos. Somos conscientes de que esta responsabilidade é maior coa tarefa colectiva que temos por diante. Sentimos que temos o deber ético  de seguir representando aos veciños e veciñas que confiaron en nós nas pasadas eleccións municipais. Foi con eles, cos que realmente adquirimos este compromiso firme de defender as propostas coas que fomos elixidos, de escoitalos e de solucionarlles os problemas que xurdan durante todo este mandato.

 Dende os nosos Concellos, facendo país gran a gran queremos gañar o futuro. Novas maneiras , novas  formas de exercer a política e o convencemento de que é unha maioría social agredida a que precisa desta aposta colectiva de todos e todas nós.

 Cacheiras (Teo), 26 de maio do 2012

Asinan, representantes dos Concellos de:

Mondariz, Val do Dubra, Teo, Ribadumia, Catoira , Outes, Lousame, Ames, Manzaneda, Toén, Gondomar, Cuntis, Beariz, Cee, Agolada, Bergondo, Carballedo, Bueu, Chantada, Alfoz, Maceda, Muros, Portomarín, Antas de Ulla e Sober.

Debate na Ulloa

Por outra banda a construción do NPC segue adiante a nivel comarcal. Hoxe a Asemblea Galeguista Ulloa – Asemblea Nacionalista debateu o proceso de constitución das asembleas do NPC. Participaron Xoán Hermida coordinador do Espazo Ecogaleguista, Rafael Cuíña de Acción Galega, Xoán Báscuas líder de Máis Galiza, Luis Eyré de Encontro Irmandiño e Xosé Manuel Seixas da FPG. "Esta asemblea nacionalista da Ulloa abre a participación no debate a forzas soberanistas como é a FPG", salienta a organización do evento.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 110 comentarios

24 Un tolo da UPG

Atención, nova de última hora, comentoume de primeira man un infiltrado que temos pertencente a unha célula comunista do BNUPG que seica onte na Ulloa decidiron comer nenos, seica foi idea de Cuiña e de Bascuas. ¡Coidado comen nenos, son perigosos, e até poden ir armados!

23 Ama

Tranfugas, Capitalistas, socialdemócratas, Golfos, menuda panda.

1 galego

¡Viva o mal viva o Capital!..... Ama que se che acaba o de vivir do cló cló, a partires das vindeiras eleccións as túas mensaxes cheas de veleno neste diario xa non estarán subvencionadas ¿de que vai vivir despois tanto mediocre?

2 Rayleigh

Pois si galego..estes intentan vivir do clo clo, e descubrirán que non hai nada para eles. Ou te cres que estes van de balde? Que risa. Precisamente se foron por que non había cacho para eles. Terían que traballar e dixeron: por que eu o valgo!! A estes, a empresa de cosméticos vailles ofrecer facer a versión enxebre do anuncio. Cun % adecuado de nacionalismo, por suposto!!

3 Ama

ja, ja, La Bruja Averia partese o cu con vos. Eu seguirei a vivir do meu traballo, sei que non me queda outra, nunca aspirei a pisar moqueta non como vos, que parece que e o unico que aspirades. Hai moito de vos que levan anos recibindo a menxase de que non valen, de que non interesan, de que queden na casa que son uns mediocres, e eles erre, que erre, dexian un proxecto para meterse en outro haber si soa a flauta. Alguns estan tan desesperados que pensa que si de esta non vai non sera nunca. Que vida mais triste esa ocecacion con querer ser alguen.

4 Maman

Do clo clo non intentan senón que xa viven a panda de "vamos a la cama que hay que descansar": Bieito, Anita, Bao, Montse, Tareixa, Dasilva, Parga... e os burócratas do partido. Os vellos xa se retiraron con dereito a xubilación despois de tanto ter traballado na política.

22 votante

Moito voto lle deu esta xente ao BNG en cada un dos seus concellos. Agora que vaia o propio BNG a colleitalos.

1 Manuel

Tes toda a razón, seguramente aumentarán en votos e o BNUPG non chegue a ter representación na meirande parte dos concellos do país. Tantos anos de costas á sociedade ao final trae estas cousas

2 Rayleigh

Ah si? Seguro? Unha das cousas que ten o voto do BNG é que dependendo das eleccións, se consegue un resultado ou outro. E se miramos, descobrimos que os resultados en autonómicas e xerais, son máis discretos que en municipais. Polo tanto, os votos que colleiten nas próximas eleccións non se verá moi afectado. Pasará o que pasará. Ah..e que recorden. Dentro de 3 anos, o BNG presentará candidaturas neses concellos. Xa veremos cantos continúan dos que aparecen na foto. O BNG non conseguirá moito. Pero algúns vanse comer os mocos. Pero é o que ten, por xuntarse con xente que non é capaz de facer plans a máis dunha semana vista. Algo que en política é unha frivolidade.

3 votante

Nas municipais o BNG subía respecto ás outras eleccións neses concellos. É culpa dos da foto ou dos do despacho?

4 Rayleigh

Votante..que parecedes que non entendedes unha cousa: se divides, saes perdendo. Nas próximas eleccións haberá dúas listas: BNG e Algo Máis. Iso fará perder concelleiros os dous. Pois tendo en conta que os concelleiros nacionalistas, son incapaces de transmitir esos votos fora das municipais..a pregunta é: que te fai supoñer que nas próximas eleccións (que son autonómicas) serán capaces de transmitir eses votos? E nesa e nas municipais, por propia vontade, dividiredes o voto nacionalista. Cantos votos te cres que arrastran en concellos como Mondariz? A súa familia e pouco máis. E non é por falar.

5 votante

E si noin queriades que dividiran o voto por que o BNG non aceptou o acordo de unión nos concellos e permanencia doos grupos nacionalistas?. Hai que pensar as cousas a tempo.

6 Rayleigh

Con quen?? Con estes? Vanse e logo ofrecen unha unión? Entón para que se foron? A que xogamos, votante? Eles rompen os grupos nacionalistas e logo bótanlle a culpa os demáis, por que non aceptan unha unión? Recórdoche que as eleccións foron hai SÓ UN ANO. Se non estaban dacordo coa organización..POR QUE SE PRESENTARON? Volve a intentalo, votante.

7 votante

Por que os levou o BNG nas listas? Por interés.

8 Rayleigh

Por que supoño que por que creron que podían facer algo. Todo o mundo trabúcase. Pero a túa actitude é a do maltratador: a culpa é de outros. Que eu saiba, a ningún dos que aparecen na foto, o BNG lles puso unha pistola na cachola para que foran nas listas!! Se non estaban contentos, por que aceptaron? Estás intentando, dar a volta a tortilla, rapaz. Eles son os culpables. ÚNICA E EXCLUSIVAMENTE. Non van conseguir máis votos que os que conseguía o BNG e dentro de 3 anos, máis da metade dos que aparecen na foto comerase os mocos. E logo virán chorando polo "boicot" que lles fixo o BNG nos seus pobos. Iso si..algúns intentarán volver choromicando. Non te caiba a menor dúbida. A RAÑALA! GAME OVER VOTANTE! INSERT COIN

21 saña

Alegremonos, mirade canta borralla/tranfuga habia no BNG, dende logo estamos agora moito mellor e se repira a pulmon cheo. Que lles vaia ben e que aproveiten o que lles queda de mandato que sera o derradeiro.

1 Galego

Pero Saniña non ves que se vos acaba o choio aos vividores da política, aos comunistas patrióticos profesionais que xamais pegástedes pau a auga. Aproveitade que o teto da vaca está a secar...

2 O muiñeiro da Serra

Por fin alguén con sentido; sí. Saña acaba de escribir "que lles vaia ben e que aproveiten o que lles queda de mandato que será o derradeiro". Isoé, precisamente, o que se estamos pedindo algúns dos que aquí entramos. Tranquilidade; esperar a ver que pasa no futuro e non insultarse deste xeito porque, queiramos ou non, estamos no mesmo barco ainda que rememos de distinta maneira.Grazas Saña.

3 O muiñeiro da merda

Evidentemente que nen estamos no mesmo barco, nen o estivemos. A virxindade só se perde unha vez. Nen remamos no mesmo sentido, nen na mesma dirección sequera.

4 Ama

Galego, non nos fagas rir, que os patriotas do NPC van vivir do aire.A UPG tivo o talento e a capacidade de crear unha "organizacion", a conta de moito traballo, compromisos persoais, e unha vision a longo plazo, pero sobre todo con unha cousa sempre en mente GALIZA, son patriotas, son comunistas, e pratican o marxismo, coñecen a teoria e saben levala a practica. Traballar banda golfos, buscavidas, socialdemocratas, TRANFUGAS!

5 lemés

Ama, por favor, na UPG practican o caciquismo light ou clientelismo. Olla a Deputación de Lugo e repasa a dúcia de asesores colocados para dous deputados, logo segue polo reparto das axudas... Igual que o PP. Patriotas comunistas que presiden clubes como Accion & Klasse (repara no nome), negocios escuros e amizades perigosas. A esquerda é outra cousa! Por suposto tampouco atoparás esquerda no NPC, só oportunistas, mais iso é outro cantar! O dito, os alimentados andades algo nervosos, por que será?

6 Rayleigh

Eu tamén podo dicir que calqueira crítica o BNG, é por que estan nervosos. Xa sabes Lemés..a famosa coletilla chorra que non significa nada, pero faite crer que deixas planchado o outro. Tranquilo lemés..que os que se se foron son os seres de luz que se poden non montarán chiringuitos, nin nada..

20 Polo futuro

Facía tempo que non quería ler os comentarios de GC porque sempre son unha chea de insultos e descalificacións contra as persoas que marchamos do BNG e tentamos formar outro proxecto. Outro proxecto no que, a lo menos, non nos pasen a apisonadora, no que a valía e o recoñecemento non dependa de se es da liña oficial ou non, no que se debata con argumentos e non con descalificacións. Eu cría que o enemigo era o PP, non os escindidos do BNG. Para min, desde logo, o inimigo é o PP e as súas políticas. Deixarnos vivir e medrar que hai batallas máis importantes que ir contra nós.

1 Preto petróleo

Iso que escrebes non o cres nen ti. Ademais, dos teus novos xefes, moitos son da "apisonadora", aqui ou non hai memoria, ou quérenos facer parvos. Alguns mesmo estaban na U en 2002. O que non hai é vergoña, sodes uns parvos útiles para afundir o nacionalismo, xa vos pagará Bascuas e Cuiña, non teñas cuidado.

2 Manuel

"Afundir o nacionalismo..." ¿Por que?, por decidir crear unha alternativa ao BNUPG que non quere ninguén en Galiza, unha fronte chea de vividores, de familias enteiras que viven dos galeguistas deste país, de intereses. O BNUPG está cargado de demagoxia, e hoxe por hoxe non ten máis utilidade que servir aos que viven del.

3 Preto petróleo

Manuel, non tes nen vergoña. Non estades creando nada, só estades dinamitando e mesmo a vosa propia (ex-)casa, da que espero non voltedes xamais. Xa vos xulgará a historia, perde cuidado. Menuda alternativa, unha manda de histéricos vendidos, sen vergoña. Fixéchedes vós mais por desprestixiar o nacionalismo que toda casa Santi. Que vos dean, que xa vos darán, se pensades que vos van pagar o que estades facendo, perdede cuidado que xa o cobraredes.

4 Akribéstaton

Imos ver. Avonda com ler a primeira frase de #20 Polo Futuro para perceber o modus operandi dessa gentalha (coincidente com os Galicia Bilingue): mentir descaradamente invertendo a realidade ao apresentar-se ao denigradores como vituperados. As desqualificações repartem-se a partes iguais (mais ou menos). A informação fornecida por GC PRIORIZA qualquer chafalhada "aberta-à-sociedade". As razões avondam mais nos críticos dessa aventura (o que não empece a crítica ao BNG, mais que merecida).