Menos do 10% do persoal da Garda Civil en Ourense son mulleres

Trinta anos despois da entrada da primeira promoción de mulleres na Garda Civil a desigualdade entre xéneros persiste.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/10/2019 | Actualizada ás 15:53

Comparte esta noticia

En Ourense o 8% do persoal en activo da Garda Civil son mulleres, xa que na provincia hai "aproximadamente 80 efectivos femininos e 850 masculinos", segundo explicou este mércores o coronel da Garda Civil, Manuel Javier Novo Colldefors.

Trinta anos despois da entrada da primeira promoción de mulleres na Garda Civil a desigualdade entre xéneros persiste, por mor dos datos expostos polo coronel da Garda Civil ao termo da presentación da exposición de medios e materiais que a Comandancia organizou na Praza Maior.

A actividade, enmarcada nos actos de celebración da patroa da Garda Civil, a virxe do Pilar, que terá lugar este sábado, 12 de outubro, e do 175 aniversario da creación da Garda Civil, tivo como obxectivo "achegar aos veciños da cidade o traballo que realiza este corpo de seguridade en Ourense".

Neste contexto, Manuel Javier Novo manifestou que o que se pretende é "dar a coñecer os medios dos que dispoñen, así como os procedementos que empregan". Con esta finalidade, ao longo da mañá leváronse a cabo pequenas demostracións dalgunha das especialidades.

Entre outros, puidéronse ver os medios NRBQ para a loita contra perigos nucleares, meteorolóxicos e químicos. Tamén estivo presente o equipo de desactivación de explosivos e o grupo de actividades subacuáticas da Coruña, ao que acode a Garda Civil cando ten que actuar dentro da provincia. Ademais, tamén contou coa participación do can da Unidade Tecnolóxica da Garda Civil que acompaña para o seu servizo á unidade de detección de drogas.

Unha axente da Garda Civil. GARDA CIVIL
Unha axente da Garda Civil. GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta