Temas: AUGA FEGAMP

Alcaldes socialistas rexeitan o "modelo Sogama" para a auga, no que "os concellos pagan e a Xunta decide"

Piden participar no ciclo integral de xestión da auga e que os investimentos sexan acordadas coa Federación gelega de municipios e provincias.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/10/2019 | Actualizada ás 17:55

Comparte esta noticia

Os alcaldes socialistas da provincia da Coruña mostraron o seu rexeitamento ao "modelo Sogama" para a auga anunciada polo Goberno galego ao considerar que "os concellos pagan e a Xunta decide". Así se pronunciaron despois de que o Consello da Xuna aprobase este xoves a tramitación do anteproxecto de lei polo que se creará unha sociedade pública para a xestión "profesionalizada" do ciclo completo da auga.

Reunión do Consello de Alcaldes do PSOE da Coruña
Reunión do Consello de Alcaldes do PSOE da Coruña | Fonte: Europa Press

Os rexedores piden participar no ciclo integral de xestión da auga e que os investimentos sexan acordados coa Federación gelega de municipios e provincias (Fegamp). En concreto, demandan que "o 50% do que se recada polo canon da auga nun concello se destine a investimentos nese municipio para melloras nas infraestruturas hidráulicas".

Unha trintena de alcaldes dos 41 municipios que goberna o Partido Socialista na provincia participaron este venres en Ponteceso (A Coruña) nunha reunión do Consello de Alcaldes e Alcaldesas.

Neste escenario, o secretario xeral dos socialistas coruñeses e presidente da Deputación, Valentín González Formoso, considerou "xusto" que "unha parte do que recada Augas de Galicia quede nos concellos".

Na reunión de traballo, os alcaldes pediron tamén "integrar no Fondo Galego de Cooperación Local todos os fondos de subvencións a concellos para asegurar a obxectividade na repartición, como fai a Deputación co Plan Único".

Por último, os alcaldes do PSOE solicitan que os concellos poidan utilizar os seus remanentes de tesouraría para investimentos que deriven en creación de emprego e actividade económica.

"O Consello de Alcaldes é un órgano do partido a nivel provincial, somos un partido municipalista e hoxe puxemos en común temas esenciais e prioritarios para os concellos", engadiu.

Temas: AUGA FEGAMP
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta