Tres persoas, dúas delas nonaxenarias, resultan feridas no incendio dunha vivenda de Santiago

Outro incendio calcina por completo unha nave en Camariñas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/10/2019 | Actualizada ás 14:11

Comparte esta noticia

Tres persoas, dúas delas de idade avanzada, resultaron feridas tras declararse un incendio na súa vivenda, situada na parroquia de Aríns de Santiago de Compostela. O lume iniciouse ao fío das 11,00 horas deste sábado nunha casa situada no lugar de Devesa do municipio compostelán, segundo informa o CIAE 112 Galicia.

A consecuencia das chamas, dúas dos ocupantes da vivenda, ambos os nonaxeranios, resultaron intoxicados por inhalación de fume e sufriron queimaduras de diversa consideración, polo que foron trasladados a un centro hospitalario polos efectivos de Urxencias Sanitarias 061.

Segundo sinala a central de emerxencias, o lume puido iniciarse polo mal funcionamento dun calefactor. As chamas afectaron a un moble da casa e a roupa que se atopaba no baño da vivenda. Ata o lugar do suceso desprazáronse, ademais do persoal do 061, efectivos dos bombeiros de Santiago, así como patrullas da Policía Local e Nacional.

INCENDIO NUNHA NAVA DE CAMARIÑAS

Por outra banda, tamén na mañá deste sábado, outro incendio calcinou por completo unha nave industrial situada no municipio coruñés de Camariñas. Ademais, un dos profesionais participantes no equipo de extinción tivo que ser atendido por Urxencias Sanitarias 061.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros | Fonte: EDIMA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta