Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 14/10/2019 | Actualizada ás 13:38
A Policía Xudicial da Garda Civil investiga a morte dunha muller cuxo corpo foi achado na mañá deste luns na Praia de Espiñeiro no municipio de Oleiros.
Segundo informaron a Europa Press fontes do Instituto Armado, a falecida é unha muller veciña da zona na que foi atopada e o seu corpo xa foi recoñecido por familiares.
Foi un viandante o que atopou o corpo sen vida desta muller na Praia de Espiñeiro, en Oleiros, pasadas as 10,00 horas deste martes, informou o 112 Galicia.
Axentes da Garda Civil tratan de aclarar as circunstancias do seu falecemento. Nestas tarefas tamén colaboran membros da Policía Local.
Fontes da investigación apuntaron que será a autopsia que se lle practique ao corpo a que determinará as causas do falecemento da sexagenaria.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.