Investigadores do IDIS identifican fármacos capaces de eliminar células envellecidas

Indican que "para loitar fronte ás enfermidades asociadas ao envellecemento", os investigadores de todo o mundo "lanzáronse recentemente a unha moderna procura da fonte da eterna mocidade".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2019 | Actualizada ás 16:54

Comparte esta noticia

Investigadores do Instituto de Investigación de Santiago (IDIS), liderados polo doutor Manuel Collado do Sergas e Eduardo Domínguez da Universidade compostelá (USC), identificaron unha nova familia de compostos con capacidade de matar especificamente as células envellecidas.

Así o informou o IDIS nun comunicado de prensa, no que detaca que o traballo sobre a identificación de fármacos capaces de eliminar selectivamente as células envellecidas foi publicado na revista 'Nature Communications', no que "se describe o uso dun sistema de procura masiva de compoñentes con esta actividade".

"A acumulación no corpo de células envellecidas co paso dos anos, as denominadas células senescentes, está na base do envellecemento e das súas patoloxías asociadas que son a causa fundamental do declive funcional, a fraxilidade e a morbilidad que acompañan á vellez", explicaron por parte do IDIS.

Deste xeito, indican que "para loitar fronte ás enfermidades asociadas ao envellecemento", os investigadores de todo o mundo "lanzáronse recentemente a unha moderna procura da fonte da eterna mocidade, en forma de moléculas capaces de eliminar selectivamente a estas células e obter con iso beneficios terapéuticos", destaca Manuel Collado.

No marco deste traballo, o laboratorio de Células Nai en Cancro e Envellecemento do IDIS, liderado polo doutor Manuel Collado, uniu as súas forzas á plataforma de descubrimento de fármacos que dirixe a doutora Mabel Loza do grupo Biofarma do CIMUS da USC.

"BO EXEMPLO"

As mesmas fontes destacaron que os investigadores acharon unha familia de compostos que mostraban esta actividade. Trátase da familia dos Glucósidos Cardíacos, un "conxunto de compostos con actividade terapéutica coñecida desde hai séculos e que na actualidade se emprega para o tratamento de certas afeccións cardíacas a partir de extractos da prata do xénero Digitalis (moi abundante na flora galega)".

Para Manuel Collado considera "un bo exemplo atopar novas utilidades a fármacos coñecidos" e asegura que representa "unha estratexia que podería permitir acelerar o desenvolvemento de novas terapias e reducir os riscos de efectos secundarios".

Os próximos pasos destes investigadores, destacou o IDIS, "van encamiñados a descubrir aínda máis compostos con esta actividade senolítica que poidan ser empregados no futuro en terapias fronte ao cancro e ao envellecemento".

Investigadores do IDIS identifican fármacos capaces de eliminar selectivamente as células envellecidas.. INSTITUTO DE INVESTIGACIÓN SANITARIA
Investigadores do IDIS identifican fármacos capaces de eliminar selectivamente as células envellecidas.. INSTITUTO DE INVESTIGACIÓN SANITARIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta