A oposición cuestiona o investimento da Xunta na Coruña

Os socialistas cualifícano de "exiguo" e Marea Atlántica e BNG pediron un pleno extraordinario.

Por E.P. | A CORUÑA | 21/10/2019 | Actualizada ás 19:25

Comparte esta noticia

O portavoz do grupo municipal socialista no Concello da Coruña, José Manuel Lage Tuñas, cualificou de "exiguo" o investimento previsto nos orzamentos da Xunta para A Coruña. Mentres, Marea Atlántica e BNG pediron un pleno extraordinario.

En rolda de prensa, o portavoz municipal socialista asegurou que bota en falta "un maior compromiso do Goberno autonómico" coa cidade. "E en especial despois de que se recuperase entre ambas as administracións un clima de cooperación e diálogo".

Entre outras cuestións,o concelleiro de Economía asegurou que a partida de 365.000 euros para a estación intermodal é "escasa". Tamén cuestionou o investimento para o centro de saúde de Santa Lucía, onde Lage lle pediu á Xunta que modifique o proxecto de orzamentos e concrete unha partida de 6,5 millóns para o ambulatorio.

Mentres, nunha comparecencia conxunta, a portavoz de Marea Atlántica, María García, e a concelleira do BNG, Avia Veira, reclamaron un pleno extraordinario para facer propostas de emendas "e corrixir estas contas" que, na súa opinión, non están "á a altura" da cidade.

Lage Tuñas nun congreso do PSOE da Coruña
Lage Tuñas nun congreso do PSOE da Coruña | Fonte: Flikr jmlage

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta