O período de pago a provedores sitúase en Galicia en menos da metade que a media estatal

Aquí é de 18,51 días, fronte aos 40 de media das comunidades autónomas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/10/2019 | Actualizada ás 20:11

Comparte esta noticia

O período medio de pago a provedores situouse en Galicia en 18,51 días no mes de agosto, fronte aos 40 de media das comunidades autónomas, segundo os datos que publica este martes o Ministerio de Facenda.

Diñeiro.
Diñeiro.

Ese mes, aumentou en todas as administracións públicas, ao elevarse 2,43 días na Administración Central, ata os 32,63 días, á vez que se incrementou en 0,95 días nas comunidades autónomas, ata os 40,17 días, respecto ao mes anterior.

O conxunto das entidades locais rexistrou un período de pago de 78,11 días no oitavo mes do ano, o que supón un aumento de 10,92 días respecto o mes anterior. Entre tanto, o PMP rexistrado nos Fondos de Seguridade Social no mes de agosto situouse en 17,42 días, o que supón un repunte tamén de 4,48 días.

Varias comunidades autónomas e municipios advertiron nos últimos meses do posible aumento do prazo de pago a provedores como consecuencia do atraso no abono das entregas a conta.

Finalmente o Goberno autorizou o pasado 11 de outubro o traspaso ás comunidades autónomas dos 4.682 millóns de euros que lles debe da actualización das entregas a conta do sistema de financiamento. Tamén deu o visto e prace ao traspaso destes mesmos fondos para as entidades locais, 821 millóns de euros. En total, 5.503 millóns.

No caso da Administración Central, o cociente de operacións pagas situouse en 31,17 días, mentres que o cociente de operacións pendentes de pago alcanzou os 39,94 días.

Respecto da composición do PMP das comunidades autónomas en agosto, o cociente de operacións pagas sitúase en 28,82 días e a de operacións pendentes de pago en días..

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta