Temas: MORTE ACCIDENTE

Falece unha persoa en Santiago logo de caer mentres traballaba na súa vivenda

Ata o lugar desprazáronse efectivos do 061 e unha ambulancia medicalizada, pero a persoa faleceu sen que os profesionais sanitarios puidesen facer nada por salvarlle a vida.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/10/2019 | Actualizada ás 19:34

Comparte esta noticia

Unha persoa faleceu este mércores tras caer mentres traballaba nun hórreo da súa propia vivenda, no municipio de Santiago de Compostela.

O suceso rexistrouse preto das 13,30 horas, nunha vivenda situada na parroquia de Enfesta, concretamente no lugar de Frades.

Ata o lugar desprazáronse efectivos do 061 e unha ambulancia medicalizada, pero a persoa faleceu sen que os profesionais sanitarios puidesen facer nada por salvarlle a vida.

Así mesmo, axentes da Policía Nacional co fin de coñecer as circunstancias nas que se produciu o suceso.

Servizo de emerxencias 112
Servizo de emerxencias 112

Temas: MORTE ACCIDENTE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta