A Xunta insiste na fortaleza da economía galega ante diferentes informes negativos

Feijóó suliña que as previsións do Goberno galego son semellantes ás da Autoridad Independente de Responsabilidad Fiscal ( AIREF).

Por Galicia Confidencial | Compostela | 31/10/2019 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez, quixo restar importancia aos distintos informes económicos que apuntan a unha recesión da economía galega. "Polo momento non temos datos que apunten a unha desaceleración", suliñou na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.

O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, presenta no Parlamento os orzamentos da Xunta para 2020. XUNTA
O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, presenta no Parlamento os orzamentos da Xunta para 2020. XUNTA

Nos últimos días, un informe do BBVA e outro do Foro Económico de Abanca alertaban dun parón e unha desaceleración da economía galega. Con todo, na Xunta insisten en que o crecemento será de case o 2%. Por iso, Feijóo, a diferencia do feito co Brexit ou co AVE, descartou a necesidade de facer un informe sobre as previsións da economía do país

"Ese informe xa está nos Orzamentos presentados hai uns días", indicou ao salientar que o conselleiro de Facenda fala dun crecemento do 1,9% da economía galega o vindeiro ano. "Uns datos que están en sintonía co que di o informe da Autoridad Independiente de Responsabilidad Fiscal (AIREF) que apunta a un 2,2%", dixo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta