O delegado do Goberno asegura que está "todo listo" para que o domingo sexa unha "xornada tranquila"

Javier Losada, pide ás persoas que "sufran algún contratempo" que o "comuniquen" para "poder solucionalo o máis axiña posible".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/11/2019 | Actualizada ás 14:14

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, asegurou que "está todo listo" para que este 10 de novembro, día no que se celebran as eleccións xerais, sexa unha xornada "tranquila e segura" na Comunidade galega. Nun comunicado remitido aos medios, Losada destacou a "importancia" deste día, no que "é fundamental que os 2,7 millóns de electores poidan exercer o seu dereito ao voto con total tranquilidade".

Para iso, estará preparado o dispositivo estatal, que conta con 7.045 persoas pertencentes ás forzas e corpos de seguridade do Estado despregadas, o que supón un aumento de 130 persoas. Representarán á Administración 2.613 persoas (nove menos) nos distintos locais e na Delegación do Goberno e o catro subdelegacións traballarán unhas 300 persoas. En total serán case 10.000 persoas as que se aseguren de que todo funcione de maneira correcta o domingo.

"AO SERVIZO DA CIDADANÍA"

O delegado do Goberno lembrou que este dispositivo está ao servizo da cidadanía.  Desexa, por tanto, que as incidencias que poidan xurdir "queden como meras anécdotas e pide paciencia a aquelas persoas que atopen colas nas súas mesas".

Para este "gran reto", destacou: "sobresae o crecemento de solicitudes de kits para votantes con discapacidade visual", que ascende a 119. Segundo indicou, supón que case se multiplica por catro o número de solicitudes realizadas na última cita, que foi entón de 33. Ademais, sete persoas solicitaron contar con intérpretes da linguaxe de signos nas mesas electorais nas que foron designadas como membros.

Urnas con motivo das eleccións xerais do 10 de novembro
Urnas con motivo das eleccións xerais do 10 de novembro | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta