18 anos de cárcere para o home que matou en Ponte Caldelas ao marido da muller coa que tivo unha relación

Non poderá achegarse á muller durante 23 anos e ademais deberá estar en liberdade vixiada durante oito anos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/11/2019 | Actualizada ás 14:08

Comparte esta noticia

A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra, de acordo co veredicto do tribunal de xurado, condenou a 18 anos e medio de cárcere ao home que en novembro de 2015 apuñalou en Ponte Caldelas ao marido da muller coa que tivo "unha relación intermitente".

A Sala condena ao autor por un delito de asasinato con aleivosía e ensañamento, ao que tamén impón que deberá estar despois oito anos de liberdade vixiada.

Á hora de ditar a pena, tivéronse en conta as atenuantes de confesión e de dilacións indebidas. O acusado tamén foi condenado á prohibición de comunicarse e aproximarse á esposa do falecido durante 23 anos. Deberá abonar unha indemnización a cada un dos pais da vítima de 40.000 euros; e, á muller, de 30.000 euros.

O tribunal do xurado considerou probado que o acusado acudiu ao domicilio da vítima e que cando soubo que seguía vivindo coa súa esposa inmobilizouno co xeonllo, "tirouno ao chan e asestoulle diversas puñaladas en distintas partes do corpo" cunha navalla, o que lle ocasionou a morte.

O ataque, segundo sostén o tribunal do xurado por unanimidade, foi "sorpresivo e inesperado", polo que o falecido careceu de oportunidade para o seu defensa.

Igualmente, por unanimidade, os membros do xurado consideraron que o acusado lle propinou á súa vítima máis puñaladas das necesarias para causar máis dor.

"NON TEÑAN PIEDADE"

"Declárome culpable e declarareime sempre culpable", afirmou o acusado durante o xuízo celebrado en outubro. "Levo catro anos esperando a que me xulguen e poder cumprir a miña condena tranquilo, nada máis. Que máis queren que faga?", declarou Marcos V.

Alí, dirixiuse aos membros do xurado popular. "Eu non quero que esa xente teña piedade de min", sostivo, para engadir que se el estivese no lugar da familia da vítima "pediría o mesmo: que encarceren a esa persoa ou que o fusilasen".

Audiencia Provincial de Pontevedra.
Audiencia Provincial de Pontevedra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta