Galicia lánzase en 2020 á emisión de bonos sustentables na antesala dunha nova recesión

A pesar dos informes negativos, a Xunta destaca que Gaicia retornou aos mercados financeiros "froito da confianza que Galicia achega aos investidores".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/11/2019 | Actualizada ás 18:16

Comparte esta noticia

Galicia lanzará no próximo ano 2020 a primeira emisión de bonos sustentables da comunidade autónoma, "integramente orientados aos investimentos sociais e ambientais, á economía verde e sustentable e vinculados á 'Axenda 2030", segundo destaca a Consellería de Facenda.

O departamento apunta que así o confirmou este mércores o seu titular, Valeriano Martínez, na inauguración en Santiago das XXVI Xornadas de Política Financeira organizadas polo banco BBVA.

Alí, lembrou que este ano a comunidade retornou aos mercados financeiros "froito da confianza que Galicia achega aos investidores", o que permite, segundo a consellería, aproveitar as condicións que ofrece o mercado, "con abundante liquidez, elevada demanda e os tipos de interese historicamente baixos".

Durante a súa intervención, Martínez aludiu aos orzamentos da Xunta para 2020, que inclúen "o maior gasto social da historia". "Nunca antes investiuse tanto en Galicia na sanidade pública, na educación pública e nos servizos sociais públicos", subliñou.

O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, na inauguración das xornadas
O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, na inauguración das xornadas | Fonte: Xunta

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta