A Xunta cualifica de "loita" insistir para que o Goberno rectifique a modificación da Lei de Costas

A conselleira de Medio Ambiente declarou que esta lei de costas pode afectar a "máis de 100 empresas galegas" que quedarían "nunha situación de inseguridade xurídica se a modificación segue adiante".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/11/2019 | Actualizada ás 20:49

Comparte esta noticia

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, avanzou que o Executivo autonómico "continuará coa loita" para reclamar ao Goberno central que rectifique a modificación da Lei de Costas "que pon en risco a 80 concellos, 2.500 quilómetros de costa e 5.000 instalacións", entre elas as da pasteira Ence en Lourizán.

Así o indicou en resposta a unha pregunta formulada polo deputado do PP Jacobo Moreira durante o pleno que este mércores acolleu o Parlamento de Galicia, onde Vázquez instou ao Goberno central a concertar unha reunión coa Xunta e "o tecido empresarial e social galego" para que "aclaren as consecuencias da reforma" do regulamento da Lei de Costas.

Deste xeito, asegurou que estes cambios poden afectar a "máis de 100 empresas galegas" dedicadas ás conservas, acuicultura, depuradoras ou cocederos de moluscos que quedarían "nunha situación de inseguridade xurídica se a modificación segue adiante".

Ángeles Vázquez
Ángeles Vázquez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta