Santalices é recoñecido coa Medalla de Ouro do Instituto de Criminalística

O acto de entrega celebrouse este venres na Estrada.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/11/2019 | Actualizada ás 19:29

Comparte esta noticia

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, recibiu na noite do venres a Medalla de Ouro do Mérito Académico e Profesional concedida polo Instituto Internacional de Criminalística Aplicada (Inica).

Segundo informa o Lexislativo, o acto de entrega celebrouse o venres na Estrada, coincidindo co comezo do II Congreso Internacional de Criminalística Aplicada que se celebra na Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp).

Ademais de Santalices, foron galardoados os dous policías galegos que resultaron feridos os disturbios de Barcelona ocorridos desde a publicación da sentenza do 'procés'.

O presidente do Parlamento, Miguel Santalices, no almorzo informativo
O presidente do Parlamento, Miguel Santalices, no almorzo informativo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta