Os retos da cuarta revolución industrial

Máis de 300 directivos galegos debaten en Santiago cunha quincena de altos executivos e expertos de compañías galegas e multinacionais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/11/2019 | Actualizada ás 18:55

Comparte esta noticia

Máis de 300 directivos chegados de toda Galicia debateron este martes na terceira edición do foro 'Reinvéntate' sobre os retos que a profesión debe afrontar "para liderar con éxito" na cuarta revolución industrial.

A xornada, organizada pola asociación española de directivos (AED) en Santiago, contou con relatorios e mesas de debate nas que participaron unha quincena de altos executivos e expertos de compañías galegas e multinacionais, como Fujitsu, Airbus e Deloitte, e da escola de negocios IESE.

'Reinvéntate 2019' tivo lugar no palacio de congresos e exposicións e foi conducido pola xornalista e comunicadora Carmen Chao. Na benvida, tomaron a palabra o presidente da AED en Galicia, Manuel Fernández Pellicer, e o director xeral do Igape, Juan Manuel Cividanes.

Na súa intervención, Cividanes subliñou que a Xunta "se anticipa aos cambios co reforzo dos programas activos e a incorporación doutros novos", segundo sinala a Consellería de Economía a través dunha nota de prensa.

Noutro comunicado, a AED informa de que Fernández Pellicer agradeceu a presenza de directivos na xornada e destacou que "se confirma como unha gran oportunidade para debater e intercambiar opinións nun contexto de cambios acelerado". Ademais, animou aos líderes empresariais galegos a "ser flexibles" e tomarse os cambios "como un reto".

Pola súa banda, apunta que Cividanes lembrou o apoio que prestan o Igape e a Xunta para concienciar aos directivos de "a importancia da transformación industrial e a dixitalización", que a Administración articula na iniciativa 'Axenda de Conectividade-Galicia Industria 4.0'.

Máis de 300 directivos debaten sobre industria 4.0 en Santiago. REMITIDA
Máis de 300 directivos debaten sobre industria 4.0 en Santiago. REMITIDA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta