Premian a un grupo de investigación do IDIS polo seu traballo sobre enfermidades infecciosas e vacinas en idade pediátrica

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/11/2019 | Actualizada ás 19:04

Comparte esta noticia

Un grupo de investigadores do Instituto de Investigación de Santiago (IDIS) resultou premiado polo seu traballo no ámbito das enfermidades infecciosas e as vacinas en idade pediátrica.

O colectivo GenVip, coordinado por Federico Martinón e Antonio Salgas, foi recoñecido co premio internacional Zendal á investigación, ao que tamén concorrían outras entidades de prestixio, como o CSIC.

Este grupo conseguiu sete macro-proxectos europeos no últimos dez anos e é 'Centro Colaborador' da Organización Mundial da Saúde en materia de seguridade en vacinación.

Entre os fitos da súa actividade destaca a creación dunha unidade de ensaios clínicos de excelencia para vacinas e antiinfecciosos, da Rede Española de Ensaios Clínicos Pediátricos e máis de 300 traballos no ámbito de produción científica.

Vacinas contra a gripe. EUROPA PRESS - Arquivo
Vacinas contra a gripe. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta