130.000 € a dedo para El Correo Gallego

Por segunda vez a Consellería de Cultura adxudica sen publicidade un contrato de compra de hemeroteca ao diario compostelán, algo que non fixo con ningunha das outras cabeceiras de Galicia.

Por Walter Burns | Santiago | 27/07/2012 | Actualizada ás 08:40

Comparte esta noticia

A Consellería de Cultura acaba de adxudicar 130.000 euros máis IVE á Editorial Compostela; editora de El Correo Gallego, Tierras de Santiago, Correo TV e Radio Obradoiro. A cambio a empresa xornalística entregará 1.168.272 fotografías dixitalizadas e unha colección de prensa escrita, en concreto 43 tomos de el Eco de Santiago.

O contrato foi adxudicado mediante o procedemento negociado sen publicidade. É dicir, sen concurso no DOG. Con todo, cómpre ter en conta que só El Correo pode subministrar o citado material informativo. Agora ben, Cultura non realizou até hoxe un investimento similar na compra de fondos históricos de outras cabeceiras xornalísticas do país.

Feijóo na entrega de premios do Grupo Editorial Compostela, editora de El Correo Gallego
Feijóo na entrega de premios do Grupo Editorial Compostela, editora de El Correo Gallego

Un diario nunha situación económica moi delicada

En realidade é a segunda vez que a Xunta inxecta unha importante cantidade de diñeiro en El Correo mediante a compra de arquivo para a Cidade da Cultura. En 2011 Cultura tamén investiu 175.000 euros máis ive na compra de fondos da hemeroteca de El Correo. El Correo destaca pola súa defensa do megaproxecto do Monte Gaiás.

Os investimentos do Goberno supoñen un balón de osíxeno para o diario, cunha marcada liña editorial conservadora. O diario da capital Compostelá atópase nunha situación económica moi complicada. Nos últimos meses circularon insistentes informacións sobre a súa posíbel venda co apoio do Goberno Galego.

Despois de pechar o único diario impreso en galego e botar ao seu cadro de persoal, El Correo terá que reorganizar de novo a súa redacción antes de final de ano. Daquela remata o ERE polo que os seus informadores, e non os seus directivos, cobran un 25% menos e soportan máis carga de traballo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

10 Aleluya

¿Y el director colgó o no colgó a su 1ª mujer de la lámpara? Conocido por el teror de las niñas...Un "gran exponente" del periodismo.....

9 Trasterrad@

Moi ben... o 28 de xuño de 2011 pecha Galicia Hoxe en papel, entre outras razóns porque o "Goberno(?)" de Feijóo lle negou subvencións até ver pechado ese xornal, co resultado de 23 traballadores na rúa; e agora, por arte de maxia hai cartos para mercar fondos históricos do Correo? Vaia tomadura de pelo!

8 ANTISISTEMPP

E SUPOÑO QUE ASI ,O GOBERNO DE FREIJO,SON OS QUE PUBLICAN AS NOTICIAS COMO LLES DA A GANA A ELES MESMOS,AAAAHHHH!QUE INTERESANTE.......ESTA VEN SABELO ,GRACIAS GALICIA CONFIDENCIAL

7 PESCOZO

A que esperan os demais, para convocar aos demais xornais, para denuncialo?. Sempre laiandose, e nunca facendo. Temos que empezar por poñele as cousas non doadas nas ruas, o demais aos PPodres importalles un carallo, só se moven cando ven o auga no pescozo.

6 un que sabe

E canto levou CARRUMEIRO?