Varios porcos mortos tras accidentarse en Dozón un camión que os transportaba

Garda Civil e bombeiros colaboraron no rescate dos animais que conseguiron sobrevivir.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/12/2019 | Actualizada ás 19:56

Comparte esta noticia

Un accidente cun camión que transportaba porcos puxo en alerta aos servizos de emerxencia no concello pontevedrés de Dozón este mediodía, segundo informa o 112.

Ás 14,00 horas, o vehículo de transporte saíuse da vía na EP-6104, á altura da parroquia do Castro, e finalizou envorcado fóra da estrada. A pesar de que o condutor do camión resultou ileso, algúns dos animais quedaron atrapados e non sobreviviron ao impacto.

Co fin de garantir as condicións de seguridade na vía e recuperar aos cochos, ata o lugar dos feitos desprazáronse os Bombeiros do Deza, axentes da Garda Civil de Tráfico e tamén persoal de conservación da estrada.

Algúns porcos soltos tras o accidente dun camión que os transportaba
Algúns porcos soltos tras o accidente dun camión que os transportaba | Fonte: foroanimal.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta