Localizan o corpo dun home no Río Louro no Porriño

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/12/2019 | Actualizada ás 11:09

Comparte esta noticia



O corpo dun home foi localizado na mañá deste mércores na auga no Río Louro no termo municipal do Porriño (Pontevedra).

Segundo informaron a Europa Press fontes do 112 Galicia, sobre as 9,15 horas deste mércores recibiu o aviso da Policía Local do Porriño da presenza dun corpo que flotaba na auga.

Por iso, por parte do 112 informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil, aos Bombeiros de Baixo Miño e a Protección Civil da localidade.

En concreto, o 061 desprazou ao lugar unha ambulancia de soporte vital básico e un equipo sanitario de Atención Primaria do Porriño que confirmou no lugar o falecemento do home, indicaron fontes sanitarias.

O falecido é un home de idade avanzada e veciño da zona que non presenta aparentes signos de violencia, confirmaron fontes consultadas por Europa Press.

As forzas de seguridade abriron unha investigación para esclarecer o sucedido.

Río Louro
Río Louro | Fonte: Youtube

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta