Por que non pode haber dobraxe ao galego das series de Netflix ou HBO?

A Mesa pídelle á Xunta que facilite a dobraxe ao galego das principais series e filmes que ofertan as principais plataformas dixitais.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/12/2019 | Actualizada ás 13:01

Comparte esta noticia

Unha campaña na rede pídelle á Xunta que facilite o lexendado e a dobraxe en galego dos filmes e series que ofertan as principais plataformas de contidos audiovisuais dixitais, tal e como fan os gobernos éuscaro e catalán dende hai anos. 

Xogo de tronos
Xogo de tronos

 

O presidente da Mesa, Marcos Maceira, recorda que "a Xunta debe favorecer o dereito ao acceso a contidos audiovisuais en condicións semellantes a outras linguas oficiais e cumprir coa obriga sinalada no artigo 20.1 da Lei de Normalización Lingüística de 1983 de fomentar a produción, a dobraxe, a subtitulación e a exhibición de películas e outros medios audiovisuais en lingua galega". "Porén", advirte, "a Xunta exclúe a presenza do galego ao non participar de acordos como os acadados polos gobernos vasco e catalán, que favorecerían a opción de galego nos lexendados de filmes e series e, ademais, reduce cada ano a execución do orzamento para a dobraxe e non permite que os filmes xa dobrados se atopen dispoñíbeis no mercado".

 

A campaña que desenvolven dende hoxe nas redes A Mesa pola Normalización Lingüística, a Asociación profisional de actores e actrices da dobraxe de Galicia (APRADOGA), a Asociación Galega de Profesionais da Tradución e intrpretación (AGPTI) e mais a iniciativa Instagram en galego recorda que Movistar+ ofrece desde 2015 a posibilidade de lexendado e de dobraxe de series e filmes en eúscaro e catalán. O custo que ten para os gobernos vasco e catalán que as series e filmes que emite Movistar+ teñan lexendado e dobraxe nas súas linguas é de 61.555,37 € ao ano, nun acordo a 3 anos por un total 184.666,13 €. Após un ano de exclusividade de emisión, os contidos poden ser xestionados directamente polos gobernos catalán e vasco, así como liberados para o seu uso en todas as plataformas.

 

En 2018, Movistar+ manifestou nunha resposta á Mesa a súa vontade de incorporar o galego a este acordo. Porén, non hai polo de agora nada que indique que o vaian facer, mentres o goberno galego non se implique para dispormos de dobraxe e lexendado en galego nas plataformas de televisión dixital. "Á pasividade da Xunta a respecto do lexendado", insiste Maceira, "únese a falta de investimento en dobraxe que se reduciu significativamente nos últimos anos". "A dobraxe e o lexendado permitiría o acceso en galego ás principais series e filmes", remata, "Galiza conta cunha importante ferramenta para a difusión da dobraxe a outras plataformas dixitais: a CRTVG". 

 

A campaña, reclámalle á Xunta de Galiza: que se sume ao acordo con Movistar+ para o lexendado e a dobraxe dos filmes e series; que estableza acordos coas principais plataformas dixitais para a incoporación de lexendado en galego e da dobraxe dos filmes e series dos que xa dispón a CRTVG; e que fixe unha dotación orzame..

 

CREADA A LIÑA DO GALEGO

A Liña do Galego é un servizo gratuíto ofrecido pola Mesa pola Normalización Lingüística dirixido a toda a poboación que, desde o ano 2007, atende consultas sobre dereitos lingüísticos e tramita queixas cara ás institucións, empresas etc, que os vulneran; así como parabéns para quen dea pasos cara a garantia do dereito a vivir en galego. Desde xullo do ano 2016, A Mesa puxo en marcha a app A Liña do Galego; o obxectivo desta aplicación é proporcionar as usuarias e usuarios unha nova forma de comunicación que permita o envío de queixas e parabéns dunha forma sinxela, rápida, segura e cómoda.

Moitas e moitos galegofalantes continúan a considerar normal a exclusión do seu idioma. "Cando a poboación non é consciente dos seus dereitos, existe un défice democrático que cómpre corrixir" aseguran desde o propio servizo.  Coa Liña do Galego quérese afortalar o obxectivo de dar cobertura e amparo ás persoas ás que se lles impide desenvolver a súa vida na lingua propia do país. Cando unha persoa chama ou escribe, ábrese un expediente na base de datos ao que se lle asigna unha numeración para lle poder facer o seguimento. Con todas as queixas, consultas e parabéns realizarase un informe anual, que servirá tanto de diagnose da situación como para propor medidas de mellora para o ano seguinte.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 uu1

Há uma solução bem singela e bastante mais completa. Versões do português do Brasil nas plataformas digitais e na TDT. Bi normativa e a aproveitar os contidos das variedades da nossa língua.

1 Brais

Tens muita razão, mas mentres esteja o Feijóo na Junta não há muito remédio.