Denuncian que a Xunta destinou a outros fins máis de 600 millóns da UE destinados a combater o despoboamento rural

UU.AA. alerta do "desamparo" en que se van a atopar explotacións de carne porque "o que queda para vivir" é "esa axuda comunitaria"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/12/2019 | Actualizada ás 16:38

Comparte esta noticia

O secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, puxo en dúbida as intencións da Xunta de Galicia de combater o déficit demográfico e o despoboamento do rural despois de que o Goberno galego reformulara as axudas da Unión Europa ás zonas desfavorecidas e ás zonas de montaña.

Esta "reprogramación", explicou o sindicato, de case a metade de 1.170 millóns de euros, só se executou o 54 por cento desde 2014 ata 2020, súmase á supresión do paritorio de Verín, feitos que, denunciou UU.AA., "non" axudan a mitigar o despoboamento do rural.

Tamén incidiu en que estes feitos van en contra "de que esta ía ser a lexislatura do rural", unha mensaxe para García claramente "urbanita" porque é nas cidades onde se quere concentrar o voto.

García, que avanzou que pedirán unha reunión "urxente" co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao que non cre "coñecedor" desta nova formulación de axudas do 'Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia', concretou que "a primeira decisión que toma o Goberno galego é pedir a Bruxelas unha ampliación de execución do prazo de tres anos e nesa ampliación reprograma como vai gastar o diñeiro que non está executado".

"METERLLE MAN NO PETO"

A "segunda" das decisións que chama a atención ao sindicato é que "nesa autorización que se pide a Bruxelas, para dicir como se vai gastar aquilo que non se gastou, que as medidas estrela sexan a decisión de como meterlle man no peto ás explotacións das zonas desfavorecidas e de montaña". Sinalou á de Lugo como a provincia máis afectada, con máis de 11.000 explotacións.

Ademais, puxo o foco en que "non só é que suprimirán a partir de 2020 as axudas de agroambiente e clima, senón tamén aquelas a todas as explotacións situadas con limitacións xeográficas, é dicir aqueles gandeiros que vivan en concellos cuxa xeografía e condicións de vida son máis difíciles, pois aí tómase a decisión de quitarlles as axudas ata que veña un novo Programa de Desenvolvemento Rural".

Así, comentou García que "se hai case máis do 50 por cento dos 1.170 millóns sen gastar e se toma a decisión de quitar diñeiro ás explotacións agrogandeiras", "onde vai parar ese diñeiro?", preguntou.

Rolda de prensa delsecretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García.
Rolda de prensa delsecretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García. | Fonte: Europa Press

LUGO A MÁIS AFECTADA

Na provincia de Lugo, a máis afectada, o responsable de Desenvolvemento Rural de Unións Agrarias, Jacobo Feijoo, puntualizou que neste documento de reprogramación, que xa remitiu a Xunta a Bruxelas, "é que se retiran 22,8 millóns de euros dos pagos a zonas desfavorecidas, sobre todo en zonas de montaña, que en Lugo suporían un recorte de máis de 13 millóns de euros que terían que cobrar estas explotacións antes do 31 de decembro de 2020 e que non van cobrar".

Finalmente, alertaron do "desamparo" en que se van a atopar as explotacións de carne dado que, sentenciou Roberto García, "é o que queda para vivir, esa axuda comunitaria". Por iso é polo que insista en pór en dúbida o interese do Goberno galego para combater o despoboamento.

O desvío deses fondos, "tendo en conta que é un ano electoral (2020 eleccións galegas)", indicou o secretario de Unións Agrarias, irán "a empresas de telefonía, que a propia comisión advirte que se están dobremente financiando porque hai programas dentro da consellería de Industria, e para disfrazar como traballos de prevención do monte a empresas que na práctica destinan gastos á extinción de incendios e non á prevención".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta